Alcohol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O alcohol ou alcol (do árabe al-khwl الكحول, ou al-ghawl الغول) refírese case sempre ao etanol, e por extensión a calquera bebida que conteña etanol (bebida alcohólica).
En química, alcohol é un termo máis xeral, aplicado a calquera compoñente orgánico no cal un dos carbóns está ligado a un grupo de hidroxilo (-OH) substituíndo a un átomo de hidróxeno.
Índice |
[editar] Fórmula xeral
A fórmula xeral é CnH2n+1OH.
[editar] Metanol e etanol
Os alcohois máis simples e máis comunmente usados son o metanol e o etanol, que teñen as seguintes estruturas:
H H H
| | |
H-C-O-H H-C-C-O-H
| | |
H H H
metanol etanol
[editar] Fontes
Moitos alcohois poden ser creados por fermentación de froitas ou grans con levadura, pero soamente o etanol é producido comercialmente deste xeito, principalmente como combustible e como bebida. Outros alcohois son xeralmente producidos como derivados sintéticos do gas natural ou do petróleo.
[editar] Propiedades xerais
Os alcohois poden ser primarios, secundarios ou terciarios, en función do número de átomos de hidróxeno substituídos no átomo de carbono ao que se atopan enlazado ou grupo hidroxilo. Os alcohois primarios e secundarios son líquidos incoloros e de cheiro agradable, solubles na auga en calquera proporción e menos densos ca ela. Os terciarios en cambio son todos sólidos.
En galego tamén se grafa alcol. Na linguaxe común adoita utilizarse a palabra alcohol como sinónimo de alcohol etílico ou bebida alcohólica.