Acetona
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa química que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
A acetona (CH3(CO)CH3) é un líquido incoloro e volátil, de cheiro forte e sabor parecido á menta. É unha cetona que se obtén comercialmente por condensación de benceno co propeno. Disolve as graxas, as resinas, o alcanfor e certos gases. Emprégase na fabricación do cloroformo, da pólvora sen fume, películas, fío, esmalte para unllas, drogas e vernices. Está presente dos ouriños dos diabéticos, nas perturbacións hepáticas dos nenos e nos casos de inanición.