Bieito I, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século VI
Antipapas

Bieito I

Bieito I, (nado en Roma e falecido o 30 de xullo de 579), foi o Papa nº 62 da Igrexa Católica.

Era fillo dun cidadán romano chamado Bonifacio. A súa elección como pontífice tivo lugar o 2 de xuño de 575. O concilio demorouse 11 meses trala morte de Xoán III, debido á invasión lombarda que impedía calquera comunicación entre Roma e Constantinopla, co que a preceptiva confirmación imperial da elección papal non se puido levar a cabo nese lapso de tempo.

É recordado por crear o estado de Massa Veneris, no territorio de Minturnae, que lle concedeu ó abade Estevo de San Marcos. Extendeu a influencia papal ata Ravena.