Audi
Coordenadas: 48°46′59″N 11°25′05″E / 48.78306°N 11.41806°E
| Tipo | Empresa multinacional |
|---|---|
| Fundación | 16 de xullo de 1909 |
| Matriz | Grupo Volkswagen |
| Localización | Ingolstadt, Alemaña |
| Fundador | August Horch |
| Persoas clave | Rupert Stadler[1] (Director executivo) |
| Industria | Automótriz |
| Produtos | Automóbiles |
| Beneficio | 29.840 millóns de € (2009)[2] |
| Beneficio operativo | 1.604 millóns de € (2009) |
| Beneficio neto | 1.347 millóns de € (2009) |
| Número de empregados | 58.046 (finais do 2009)[3] |
| Páxina web | Audi España |
Audi AG, con sede en Ingolstadt, en Baviera (Alemaña) é un fabricante de automóbiles, que pertence o Grupo Volkswagen.
A marca é un xogo de palabras para eludir os dereitos do nome da antiga fabricante de vehículos de motor Horch. O fundador da empresa August Horch, que foi un dos pioneiros da industria do automóbil en Alemaña, creara en 1899 "A. Horch & Cie." da cal seria expulsado por diferenzas entre el e o comité de vixilancia. Uns poucos anos máis tarde, fundou outra empresa "Horch Automobil-Werke GmbH" en Zwickau o 16 de xullo do 1909. Horch perdeu a disputa polo uso do nome, polo cal non puido volver a usalo apelido para o nome da compañía, polo cal se puxo na procura dun novo nome para a compañía e encontrou unha proposta na escola de Zwickau,[4] "horch" ,significa "escoita", que levado o latín é Audi imperativo de Audire, co cal lle cambiou o nome da empresa a "Audi Automobilwerke GmbH", rexistrouna no Rexistro Mercantil como tal o día 25 de abril de 1910.
[editar] Historia
[editar] 1909-1931: Establecemento da fábrica de coches Audi GmbH
A historia da marca Audi comenza en novembro de 1899 despois de que August Horch (1868-1951), un dos pioneiros da industria automobilística alemá, fundase en Ehrenfeld un distrito municipal de Colonia (Alemaña), a empresa de autos „August Horch & Cie“ , cuxo primeiro automóbil comezou a circular por vías públicas en 1901, este era un coche de dous cabalos con motor horizontal[5]. A compañía mudouse a Reichenbach in 1902, onde en 1903 construíu o primeiro automóbil alemán de catro cilindros. A empresa trasladouse a Zwickau en 1904, onde se fabricou o primeiro motor de seis cilindros. O 16 de xullo de 1909 logo dalgunhas dificultades financeiras e desavinzas internas co consello de administración, decidiu abandonar a compañía para crear unha nova fábrica de automóbiles. Asi naceu a „Horch Automobil-Werke GmbH“ en Zwickau, (no estado de Saxonia)[5] Como Horch perdeu a disputa legal polo nome da compañía, que xa estaba rexistrado anteriormente, non puido volver utilizar o seu apelido e escolleu o nome "Audi", a tradución ao latín do vocábulo alemán "horch", que en galego significa "oír" ou "escoitar".[6] Por iso, en 1910, meses logo da súa fundación cambiou o nome da compañía a "Audi Automobilwerke GmbH".
[editar] De 1918 a 1931
En setembro de 1921,posiblemente en 1920, Audi foi a primeira compañía automotriz en introducir o volante con condución á esquerda, baseada nunha maior visibilidade dos vehículos e nunha maior manobrabilidade a horas de meter as marchas pois a panca quedaba á dereita. Fíxoo no seu modelo Audi K.[7] Cara a 1928 outras marcas seguirian o seu exemplo.
En agosto de 1928 o enxeñeiro danés Jørgen Skafte Rasmussen de DKW adquiriu un paquete maioritario de accións en Audi.
[editar] 1932-1945: Audi e Auto Union
En 1932, ambas as compañías Horch e Audi, xunto con DKW (fundada en 1907) e Wanderer (fundada en 1885) fusionáronse para formar Auto Union AG -sendo estas a base da que máis tarde seria Audi AG- e poder facer fronte ás dificultades derivadas da Gran Depresión de 1929, que afectaba, principalmente á racionalización dos procesos de produción e ensamblaxe. O 29 de xuño de 1932, naceu o logotipo de Audi, con catro aros entrelazados, como símbolo froito da alianza das catro marcas saxoas: Audi, DKW, Horch e Wanderer. A sede da compañía estivo hasta 1936 na fábrica da DKW na cidade de Zschopau para colocarse a partir de aqui na cidade de Chemnitz -cidade na que foi rexistra a marca- no edificio da administración da compañía Presto-Werke.[8] En 1938 convértese nunha das primeiras empresas automobilísticas en facer test de choque os coches.[6]
Para evitar a competencia dentro do grupo, asignouse a cada marca un segmento específico do mercado: automóbiles de luxo do segmento medio para Audi, motocicletas e coches pequenos para DKW, vehículos de tamaño medio para Wanderer e vehículos de luxo na parte máis alta da gama para Horch.
As catro marcas fundadoras foron comercializadas baixo o paraugas de Auto Union. A marca Audi presentou o menor volume de negocios do grupo (participación nas ventas das marcas individualmente na produción total de automóbiles en 1938 en Alemaña: 17,9% DKW, Wanderer 4,4%, 1,0% Horch, Audi 0,1%).[8]
En 1941, dous anos logo de comezar a Segunda Guerra Mundial, Auto Union AG producía exclusivamente vehículos para o uso militar polo que o seu desenvolvemento automobilístico viuse gravemente afectado.
[editar] 1945-1991: da posguerra de Alemaña Oriental, a disolución de Auto Union AG
Ao finalizar a guerra estando Auto Union AG na Zona de ocupación soviética foi dada de baixa no rexistro mercantil pois a administración da zona soviética expropiou e ordenou desmantelar todas as fábricas da empresa.
A antiga fábrica de Auto Union sigue a producir automóbiles en Zwickau (nesa época pertencía á República Democrática Alemá) baixo o nome de VEB Automobilwerk Zwickau (AWZ) sacando neste tempo o VEB AWZ P70, en 1958 foi adquirida por Daimler-Benzy, que finalmente a vendeu en 1964 o Grupo Volkswagen, quen conservou o nome de Audi e o seu logo. O Trabant produciuse hasta 1991 sendo este o ultimo modelo producido pola VEB Sachsenring Zwickau.
[editar] 1945-1968: fundación de Auto Unión GmbH no oeste de Alemaña, primeira posguerra - Audi 1965
[editar] Desde 1969: fusión con NSU e a fundación da actual Audi AG
[editar] Accionistas
A estrutura do capital social é o seguinte:
- 99,14 % Grupo Volkswagen[9]
- 0,40 % Porsche Automobil Holding
- 0,46 % Free float
As accións negócianse nas bolsas de valores de Berlín, Bremen, Dusseldorf, Frankfurt, Hamburgo, Munich e Stuttgart.
[editar] A tecnoloxía e a innovación
[editar] Audi: a rexilla única
A rexilla única e un aspecto especialmente chamativo do deseño da parrilla de todos os vehículos da Audi dende 2004.
Houbo tres épocas no deseño da parrilla.
Pouco a pouco, todos os modelos da Audi acolleron este deseño. O primeiro modelo coa rexilla única foi o A8 6.0L W12, un tempo despois, foi a versión de cinco portas do Audi A3, o A3 Sportback. Co cambio de modelo do A6 foi a primeira vez que unha serie enteira levaba a nova rexilla. Co tempo todos recibiron a nova rexilla, o A3, o A8 e o A4 dende as versións da serie B7. O Audi TT foi o ultimo en recibir a rexilla unica. O Audi A2 non chegou a usala posto que a súa produción rematou pouco despois da introducción da rexilla única.
[editar] Modelos e tipos
[editar] Segmento B
| Construción | Serie | Nota | Imaxe |
|---|---|---|---|
| 1974–1978 | Audi 50 Tipo 86 |
Influenciado pola crise do petróleo, desenvolveuse o novo Audi 50. En Setembro de 1975 apareceu un VW Polo I con motores máis pequenos que foron vendidos por Volkswagen. Ata xullo de 1978, vendéronse arredor de 181.000 exemplares do Tipo 86 antes de que Audi cesase a súa produción. | |
| 1999–2005 |
Audi A2 8Z |
O compacto Audi A2 foi o primeiro coche de produción masiva con unha carrocería monocasco de aluminio (Audi Space Frame) e foi (na versión 1.2 TDI) un dos primeiros "Drei-Liter-Autos" que se ofreceu no mercado alemán. | |
| dende 2010 | Audi A1 8X |
O Audi A1 e o terceiro utilitario de Audi AG. A plataforma basease no VW Polo V. |
[editar] Segmento C
| Construción | Serie | Nota | Imaxe |
|---|---|---|---|
| 1996–2006 | Audi A3 8L |
É o primeiro modelo da Audi no segmento dos compactos. Foi deseñado sobre a plataforma do VW Golf IV. A versión de cinco portas apareceu no 1999. É fixeronlle un "Facelift" no ano 2000. | |
| dende 2003 | Audi A3 8P/AU350 |
Novo desenvolvemento sobre a plataforma do VW Golf V. No 2005 apareceu a variante A3 Sportback sendo reconsideradas revisións do modelo no 2008 e no 2010. | |
| dende 2004 | Audi A3 Sportback 8PA/AU353 |
É unha variante do A3 8P. Introduciu a rexilla única no A3. "Facelift" o igual que o modelo de tres portas no 2008 como no 2010. |
[editar] Segmento D
| Construción | Serie | Nota | Imaxe |
|---|---|---|---|
| 1965–1972 | Audi F103 | ||
| 1972–1976 | Audi 80 B1/Typ80 |
||
| 1976–1978 | Audi 80 B1/Typ82 |
||
| 1978–1984 | Audi 80 B2/Typ81/85 |
||
| 1984–1986 | Audi 80 B2/Typ81/85 |
||
| 1984–1986 | Audi 90 B2/Typ81/85 |
||
| 1986–1991 | Audi 80 B3/Typ89/8A |
||
| 1987–1991 | Audi 90 B3/Typ89/8A |
||
| 1991–1994 Avant: 1992–1995 |
Audi 80 B4/8C |
||
| 1994–2000 Avant: 1996–2001 |
Audi A4 B5/8D |
||
| 2000–2004 Avant: 2001–2004 |
Audi A4 B6/8E |
||
| 2004–2007 Avant: 2004–2008 |
Audi A4 B7/8E |
||
| Dende 2007 Avant: dende 2008 |
Audi A4 B8/8K |
||
| Dende 2009 |
Audi A4 allroad quattro B8/8K |
[editar] Segmento E
| Construción | Serie | Nota | Imaxe |
|---|---|---|---|
| 1968–1976 aproximadamente 800.000 |
Audi 100 C1/F104 |
||
| 1976–1982 aproximadamente 950.000 |
Audi 100 C2/Typ43 |
||
| 1979–1982 | Audi 200 C2/Typ43 |
||
| 1982–1991 | Audi 100 C3/Typ44 |
||
| 1983–1991 | Audi 200 C3/Typ44 |
||
| 1990–1994 | Audi 100 C4 |
||
| 1994–1997 | Audi A6 C4/4A |
||
| 1997–2004 Avant: 1998–2005 |
Audi A6 C5/4B |
||
| 1999–2006 | Audi allroad quattro C5/4B |
||
| Dende 2004 Avant: dende 2005 |
Audi A6 C6/4F |
||
| Dende 2006 | Audi A6 allroad quattro C6/4F |
||
| Dende 2011 | Audi A6 C7 C7 |
Este A6 é 70kg máis lixeiro que o seu predecesor e consume grazas os seus modernos motores e técnicas de aforro de combustible ate un 19 por cento menos que o seu predecesor[10] |
[editar] Segmento F
| Construción | Serie | Nota | Imaxe |
|---|---|---|---|
| 1988–1994 | Audi V8 D11/4C |
||
| 1994–2002 | Audi A8 D2 D2/4D |
||
| 2002–2010 | Audi A8 D3 D3/4E |
||
| Dende 2010 | Audi A8 D4 D4/4H |
||
| Dende 2010 | Audi A7 4G |
[editar] Descapotables
| Construción | Serie | Nota | Imaxe |
|---|---|---|---|
| 1991–2000 | Audi Cabriolet 89/8G |
||
| 2002–2006 | Audi A4 Cabriolet B6/8H |
||
| 2006–2009 | Audi A4 Cabriolet B7/8H |
||
| 2006–2009 | Audi S4/RS4 Cabriolet B7/8H |
||
| Dende 2008 | Audi A3 Cabriolet 8P |
||
| Dende 2009 | Audi A5 Cabriolet 8F |
||
| Dende 2009 | Audi R8 Spyder Typ 42 |
[editar] Quattro GmbH
Quattro GmbH[11] é unha empresa totalmente privada, filial de Audi AG, parte á súa vez do maior fabricante de automóbiles alemán, o conglomerado empresarial (holding) Grupo Volkswagen (Volkswagen AG - VWAG). A súa sede atópase en Neckarsulm, preto de Stuttgart, na rexión de Baden-Württemberg. A fábrica baséase na sede do agora extinto fabricante de automóbiles alemán (e do motor rotatorio sen pistón Wankel) NSU Motorenwerke AG (NSU).Foi fundada en 1983 e desde 1996 ten a súa produción independente.
A pesar de que "Quattro GmbH" como empresa pode ser relativamente descoñecida, os seus principais produtos son susceptibles de ser moi ben coñecidos, especialmente o Audi RS4, o Audi RS6 e o Audi R8.
[editar] Notas
- ↑ O financeiro Rupert Stadler novo director executivo da Audi (en alemán)
- ↑ Beneficios 2009 [1]
- ↑ http://www.audi.de/de/brand/de/unternehmen/produktionsstandorte.html
- ↑ Pelicula de Audi AG: As frechas de prata de Zwickau, Entrevista a Dr. August Horch, Video 1992.
- ↑ 5,0 5,1 Centenario de Audi. Un exercicio de constante superación. O Mundo. Suplemento Motor n.º 396 (1-9-2009). Consultado o 26 de setembro de 2009.
- ↑ 6,0 6,1 Audi, 100 anos de éxitos. Terra-Autopista (15-7-2009). Consultado o 26 de setembro de 2009.
- ↑ [2]
- ↑ 8,0 8,1 Véxase: de:Presto-Werke
- ↑ http://www.porsche-se.com/filestore.aspx/default.pdf?pool=pho&type=download&id=aktientausch-disclaimer-infopdf4mitteilung&lang=de&filetype=default (en alemán)
- ↑ http://www.autobild.de/artikel/audi-a6-2011-vorstellung-1301869.html
- ↑ quattro GmbH(en castelán)