América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Continente americano")

América, as Américas, ou o Novo Mundo é unha división do mundo que se extende no Hemisferio Occidental desde o océano Ártico polo norte até case o océano Antártico polo sur, e está entre o océano Pacífico ao oeste, e o océano Atlántico ao leste. Está formado por dous subcontinentes (América do Norte e América do Sur), unidos por un estreito istmo. O seu nome deriva do explorador europeo Américo Vespucio.

Ás veces, e de forma incorrecta, chámase con este nome aos Estados Unidos de América.

Xeografía física[editar | editar a fonte]

Hai moitas semellanzas xerais entre os dous subcontinentes de América. Ambos os dous teñen montañas moi altas nas súas rexións occidentais e montañas máis pequenas no leste. Ademais, estas montañas occidentais e orientais están separadas por grandes extensións de terra chá. Os extremos de América no norte e no sur son ambos os dous máis fríos, e a terra no centro é máis quente e tropical. Tamén, cada continente ten un río importante, máis grande que todos os outros: o río Amazonas en Sudamérica, e o río Mississippi en América do Norte.

Etnografía[editar | editar a fonte]

A poboación americana está constituída polos descendentes de 3 grandes grupos étnicos e a súa mestura: amerindios e esquimós (que constituíron os habitantes autóctonos de América); europeos (de orixe británica, española, francesa, portuguesa, alemá, italiana e holandesa sobre todo), e africanos negros descendentes de escravos. Hai tamén outros emigrantes máis recentes, como os árabes de Oriente Medio e os chineses e xaponeses.

Idiomas[editar | editar a fonte]

Idiomas de américa.png

Fálanse varios idiomas europeos e indíxenas en América. O idioma máis falado en América é o español, falado como lingua nativa por máis de 350 millóns de persoas en moitas nacións, rexións, illas e comunidades ao longo do continente.

Outros idiomas importantes son (enumerado por número de falantes):

En menor medida, tamén se falan:

Coa inmigración, hai moitas comunidades onde se falan outros idiomas de todas as partes do mundo, especialmente nos Estados Unidos e Canadá, dous destinos importantes para os inmigrantes.

O total de idiomas de América sobrepasa a centena.

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo a teoría máis aceptada actualmente, os amerindios descenden de grupos de cazadores-colleitadores de orixe siberiana que migraron a América polo estreito de Bering durante a última glaciación. A súa situación de illamento físico durante milenios respecto ás sociedades do Vello Mundo, permitiu o desenvolvemento de sociedades autónomas e moi orixinais, como os maias, os aztecas e os incas.

A partir de finais do século XV, produciuse a conquista europea do continente.

Xeografía política[editar | editar a fonte]

Como resultado deste devir histórico, América conta actualmente cos seguintes países e dependencias:

Mapa de América

América do Norte[editar | editar a fonte]

América Central[editar | editar a fonte]

América do Sur[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]