Diana Damrau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diana Damrau
Diana Damrau 2012.jpg
Diana Damrau en 2012.
Nome completo Diana Damrau
Naceu 2 de xaneiro de 1976
Orixe Günzburg, Alemaña Alemaña
Ocupación (s) Cantante.
Xénero Ópera
Instrumento(s) Voz
Tipo de voz Soprano
Na rede
www.diana-damrau.com

Diana Damrau, nada o 31 de maio de 1971 en Günzburg (Baviera, Alemaña), é unha soprano lírica lixeira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Günzburg, Alemaña, Diana Damrau foi dende moi nova unha entusiasta da música clásica. Con doce anos, o filme La traviata de Franco Zeffirelli con Plácido Domingo e Teresa Stratas como Alfredo e Violetta, levouna a converterse en cantante de ópera. Damrau recibiu as súas primeiras clases de canto da cantante de ópera romanesa Carmen Hanganu, dona do mestre de música de Damrau. A súa primeira aparición pública foi aos quince anos, cando cantou partes do musical My Fair Lady con acompañamento de piano nun festival en Offingen.

Logo de finalizar os seus estudos secundarios en Günzburg decidiu continuar os estudos de canto na Escola Superior de Música de Würzburg. Tamén recibiu clases en Salzburg con Hanna Ludwig e Edith Mathis. En 1995 concluíu os estudos con honores. O seu debut en escena foi co papel de Eliza do musical My Fair Lady, no teatro da cidade de Würzburg. Neste mesmo teatro interpretou cun gran éxito partes para soprano de óperas, operetas e musicais. Algúns dos papeis que interpretou foron os de Ännchen en Der Freischütz, Gretel en Hänsel und Gretel, Marie en Zar und Zimmermann, Adele en Die Fledermaus e Valencienne en Die Lustige Witwe.

Damrau foi contratada para os escenarios de ópera de Mannheim e Frankfurt, onde interpretou os papeis de Gilda en Rigoletto, Oscar en Un ballo in maschera, Zerbinetta en Ariadne auf Naxos, Olympia en Les contes d'Hoffmann e a Raíña da Noite en Die Zauberflöte. Neste último papel actuou como convidada nos teatro de ópera de Berlín, Hannover, Darmstadt e Saarbrücken. Ten cantado a Raíña da Noite ata en 15 produción, entre as que cómpre salientar a do Covent Garden de Londres en 2003 baixo a dirección de Colin Davis. En decembro de 2007 cantou a Raíña da Noite por última vez (aínda que cecais nun futuro a cante outra vez, teóricamente retírase do papel) no Metropolitan Opera de Nova York, xunto co de Pamina, no seu debut neoirquino no papel. É a primeira cantante que interpretou os dous roles na mesma tempada.

A partir do ano 2002, Damrau apareceu nos principais teatros de ópera do mundo, incluíndo: Viena, Berlín, München, Dresden, Milán, Londres, Nova York e Salzburg. A súa aparición na reobertura do Teatro alla Scala de Milán en 2003 creou unha grande expectación, onde interpretou o papel de Europa na ópera L'Europa riconosciuta de Salieri.

Amais de intérprete de ópera, Damrau é unha recoñecida intérprete dos lieder de Schubert e Mahler. O seu repertorio inclúe tamén interpretacións de oratorios de Bach, Händel así como o Carmina Burana de Orff.

En xullo de 2007 o estado de Baviera o título de Kammersängerin, un título que antígamente era concedido por reis e príncipes ao cantante preferido da corte. Este honor foille concedido pola súa distinguida carreira na Ópera Estatal de Baviera, onde nun período de sete anos cantou en 75 ocasión, interpretando dez papeis diferentes.

Dende hai algúns anos vén ocupándose intensivamente, xunto co barítono arxentino Iván Paley na literatura para dúos existente; coa que xa deleitou a un público entusiasta en varios concertos. Con Telos Music Vocal atopou o socio ideal para gravar unha nova serie que terá varios álbums baseados neste repertorio.

Voz[editar | editar a fonte]

Algúns críticos musicais comparan a súa voz coa de Edita Gruberová, con quen comparte gran parte do seu repertorio (a Raíña da Noite, Konstanze, Gilda, Norina, Zerbinetta, Fiakermilli, Sophie von Faninal, a Voz das Aves en Siegfried, entre outras arias), posúe unha gran facilidade e virtuosismo no hiperagudo, un ton claro e unha técnica que lle permite cantar arias que requiren unha voz lírica o suficientemente potente no medio como no agudo. Destaca tamén a súa coloratura.

Repertorio[editar | editar a fonte]

Repertorio operístico
Personaxe Título Compositor
Marzelline Fidelio Beethoveen
Leïla Les pêcheurs de perles Bizet
Die kleine Frau Der Riese vom Steinfeld Cerha
Norina Don Pasquale Donizetti
Adina L'esir d'amore Donizetti
Lucia Lucia di Lammermoor Donizetti
Rita Rita Donizetti
Gretel Hänsel und Gretel Humperdinck
Gym Instructress, Drunken Woman 1984 Maazel
Marguérite de Valois Les Huguenots Meyerbeer
Fauno Ascanio in Alba Mozart
Servilia La clemenza di Tito Mozart
Blonde Die Entführung aus dem Serail Mozart
Konstanze Die Entführung aus dem Serail Mozart
Susanna Le nozze di Figaro Mozart
Zaide Zaide Mozart
Königin der Nacht Die Zauberflöte Mozart
Pamina Die Zauberflöte Mozart
Frau Fluth Die lustigen Weiber von Windsor Nicolai
Olympia Les contes d'Hoffmann Offenbach
Rosina Il barbiere di Siviglia Rossini
Alzima Kublai Salieri
Europa L'Europa riconosciuta Salieri
Aithra Die ägyptische Helena R. Strauss
Zerbinetta Ariadne auf Naxos R. Strauss
Fiakermilli Arabella R. Strauss
Zdenka Arabella R. Strauss
Sophie Der Rosenkavalier R. Strauss
Adele Die Fledermaus J. Strauss
Gilda Rigoletto Verdi
Oscar Un ballo in maschera Verdi
Martesia Ercole sul Termodonte Vivaldi
Woglinde Das Rheingold Wagner
Waldvogel Siegfried Wagner
Woglinde Götterdämmerung Wagner

Gravacións[editar | editar a fonte]

Logo de ter gravado as seleccións do seu repertorio de lied tanto con Orfeo e o selo Telos, Diana asinou un contrato de exclusividade con Virgin / EMI. O seu primeiro lanzamento nese selo foi unha selección de Mozart, Salieri e arias Righini Arie di Bravura que foi lanzado en novembro de 2007.

CD solo

  • Salzburg Ricital (2005)
  • Lieder (2006)
  • Arie di Bravura (2007)
  • Mozart: Donna (2008)
  • Coloraturas-Opera Arias (2009)

Óperas completas

  • Zaide (2006)
  • Der Riese vom Steinfeld

Óperas completas en vídeo

  • Die Zauberflöte (BBC)(2003)
  • Die Entführung aus dem Serail
  • Ascanio in Alba (2007)
  • Die Zauberflöte (DECCA)(2007)
  • 1984 ópera de Lorin Maazel

Concertos

dirección de Pierre Boulez/ con Petra Lang e a Staatskapelle Berlin

Participacións

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]