Giuseppe Di Stefano
Giuseppe Di Stefano (Motta Sant'Anastasia, Sicilia, 24 de xullo de 1921 — Santa Maria Hoè, 3 de marzo de 2008) foi un tenor italiano que desenvolveu a súa carreira desde finais dos anos corenta ata principios da década dos setenta. O seu encontro artístico co barítono Tito Gobbi e a soprano Maria Callas foi un dos máis famosos da historia.
Del díxose que era o tenor coa voz máis fermosa. Ídolo de Pavarotti, é coñecido popularmente como Pippo.
Índice |
Biografía [editar]
Naceu en Motta Sant'Anastasia (Sicilia). Fillo único dun zapateiro e dunha modista, foi educado nun seminario Xesuíta e pensou ordenarse sacerdote.
En 1946 debutou operisticamente na cidade de Reggio Emilia interpretando o papel de Des Grieux na ópera Manon de Massenet, papel co que debutaría o ano seguinte na Scala.
Gravacións con Maria Callas [editar]
A pesares de que a súa carreira foi relativamente curta, Di Stefano cantou acompañou a Maria Callas nalgunha das súas gravacións máis famosas, todas elas baixo o selo de EMI. Xuntos gravaron as seguintes óperas completas:
- Lucia Di Lammermoor - 1953
- I Puritani - 1953
- Cavalleria Rusticana - 1953
- Tosca - 1953
- I Pagliacci - 1954
- Rigoletto - 1955
- Il Trovatore - 1956
- La Boheme - 1956
- Un Ballo in Maschera - 1956
- Manon Lescaut - 1957
Outras gravacións [editar]
- Madama Butterfly con Victoria de los Ángeles - 1954
- La Traviata con Antonietta Stella e Tito Gobbi - 1955
A agresión na praia de Diani [editar]
En decembro de 2004 en Diani (Kenia) foi agredido brutalmente por uns descoñecidos e houbo de ser sometido a varias operacións.