Luciano Pavarotti
Luciano Pavarotti, nado en Módena o 12 de outubro de 1935 e falecido na mesma cidade o 6 de setembro de 2007, foi un tenor italiano e un dos cantantes máis famosos de ópera do século XX.
Índice |
Vida [editar]
Foi fillo único dun panadeiro, amante da ópera, que estimulou a Luciano a comezar os seus estudos no mundo do canto lírico. Traballou un breve tempo como profesor de primaria logo de graduarse. As súas primeiras incursións vocais deunas no coro de Módena xunto ao seu pai.
O 7 de xullo de 2006 foi operado dun cancro de páncreas nun hospital de Nova York. Faleceu ás 5 da mañá do xoves 6 de setembro do 2007 por un fallo renal derivado do cancro.
Traxectoria profesional [editar]
Ópera [editar]
Debutou o 29 de abril de 1961 no papel de Rodolfo na ópera La Bohème de Puccini, no pazo da ópera de Reggio Emilia e consagraríase no rol de Tonio da ópera "A filla do rexemento" coa súa difícil aria de nove notas e do de peito.
Pavarotti foi moi solicitado en teatros de todo o mundo ata o seu retiro na Ópera Metropolitana de Nova York, en marzo do 2004, onde interpretou o papel do pintor Mario Cavardossi en Tosca, de Giacomo Puccini.
Música popular [editar]
No seu achegamento á música popular, gravou duetos con Eros Ramazzotti, Sting, Andrea Bocelli, Frank Sinatra, Michael Jackson , e aínda inéditos, co brasileiro Caetano Veloso e o grupo de rock irlandés U2. Cos tenores españois Plácido Domingo e José Carreras, formou o trío Los Tres Tenores (The Three Tenors).
Durante varios anos dende 1991, Pavarotti apoiou organización War Child, e recadou fondos para a construción dun centro de musicoterapia en Mostar. Para iso anualmente organizaba concertos en Módena baixo o título "Luciano Pavarotti and friends", onde ademais participaban outras personalidades da música internacional, como Anastacia.
