Sopranista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un sopranista é un home que canta repertorios de soprano debido a unha falta de desenvolvemento no aparato fonador (desenvolvemento producido na adolescencia), no século XVII puxéronse de moda os sopranistas e chegóuse incluso a castrar os nenos (caso do gran cantante Farinelli) para deter o desenvolvemento da larinxe. Sopranista tamén pode ser un home con voz "normal" pero cunha técnica de falsete excepcionalmente aguda e potente, a este tamén se lle chama "falsetista". Sopranistas de sona son Aris Christofellis, Angelo Manzotti, Fabrice di Falco, Simone Bartolini, Arno Rauning, Jörg Waschinski, Ugo Farell, Javier Medina, Radu Marian, Jorge Cano ou Ghio Nannini entre outros.