Carlos de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Príncipe de Gales.

Charles Philip Arthur George Windsor máis coñecido como Carlos de Inglaterra, nado en Londres o 14 de novembro de 1948, é un aristócrata inglés, herdeiro ao trono do Reino Unido e da Commonwealth.

É o fillo máis vello da raíña Isabel II e do príncipe Filipe de Edimburgo. Recibe o título oficial de Príncipe de Gales, ademais dos títulos históricos de duque de Cornualles, duque de Rothesay (Escocia), conde de Carrick, barón de Rebfrew e Señor das Illas, así coma conde de Chester. En caso de reinar, usaría o nome real de Carlos III (Charles III), aínda que afirmou en varias ocasións que elixiría o nome do seu avó para reinar, neste caso sería Xurxo VII (George VII).

Casou con Diana Frances Spencer o 29 de xullo de 1981, coa que tivo dous fillos, Guillerme de Cambridge e Henrique de Gales. O 28 de agosto de 1996 firmaron o divorcio, un ano antes da morte de Diana o 31 de agosto de 1997.

Casou de novo con Camilla Parker-Bowles, con quen tivo relacións antes e durante o seu primeiro matrimonio, o 9 de abril de 2005.

Títulos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Príncipe Eduardo, Duque de Cornualles
Príncipe de Gales
1958 – presente
Sucesor:
?

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Carlos de Inglaterra
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Carlos de Inglaterra