Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|
Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Cecilia Bartoli, nada en Roma o 4 de xuño de 1966, é unha mezzosoprano coloratura italiana cantante de óperas e recitais. Está especializada principalmente en óperas de Mozart e Rossini, se ben tamén cómpre salientar as súas interpretacións de compositores barrocos como Vivaldi ou Händel. O seu amplo rexistro permítelle interpretar papeis tanto de mezzo como de soprano, sendo considerada ás veces como unha soprano cunha tesitura baixa. Ao contrario do que ocorre coa meirande parte dos cantantes de ópera, Bartoli fíxose mundialmente coñecida moi nova, contando con menos de vinte anos. Entre os títulos, están o de Cavalieri de Italia e o de Chevalier des Arts et des Lettres, outorgado polo goberno de Francia. Cecilia Bartoli foi elixia Membro Honorário da Royal Academy of Music de Londres e Accademico Effetivo di Santa Cecilia en Roma.
[editar] Repertorio
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas