Unió Esportiva Santboiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
UE Santboiana
NomeUnió Esportiva Santboiana
Alcume(s)Ferro, UES
Fundación1921
SedeSant Boi de Llobregat,
Cataluña Cataluña
Estadio(s)Estadi Baldiri Aleu
Sant Boi de Llobregat,
Cataluña Cataluña
Capacidade1.350 asentos espectadores
PresidenteMiquel Martínez
AdestradorLewis Williams
CapitánAfa Tauli
Liga(s)División de Honra
2015-20164º (eliminado en 1/4s de final)
Casa
Páxina web
www.uesantboiana.com/uesantboiana/

A Unió Esportiva Santboiana (tamén coñecida como UES ou Santboiana) é un club deportivo de rugby catalán da cidade de Sant Boi de Llobregat, na provincia de Barcelona. Fundado en 1921, ten a honra de ser o club decano do rugby español. O primeiro equipo compite na División de Honra, a máxima categoría da liga española de rugby, na que saíu campión en 7 ocasións, ocupando o terceiro posto no palmarés histórico do torneo só por detrás do CD Arquitectura madrileño, que gañou 9 ligas, e do CR El Salvador pucelano, que gañou 8. O equipo xoga os seus encontros como local no Estadi Baldiri Aleu, así chamado como homenaxe ó fundador do club. As súas bancadas contan con 1.350 asentos.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

A Unió Esportiva Santboiana foi o fundada o 4 de xullo de 1921, sendo o primeiro club de rugby que existía en España. O seu fundador foi Baldiri Aleu Torras, quen tivera a oportunidade de aprender a xogar a este deporte mentres estudaba veterinaria na cidade francesa de Tolosa. En xuño dese mesmo ano tivera a iniciativa de organizar un encontro amigable no estadio do RCD Espanyol entre dous dos equipos máis fortes de Francia, o RC Narbonne e o USAP Perpignan, en beneficio das vítimas da Primeira Guerra Mundial.[2] O club naceu o mes seguinte a raíz daquel evento.

O equipo disputou o primeiro torneo de rugby celebrado en España o 30 de abril de 1922, chamado Copa Real Sociedad Carreras de Caballos.[3] Os seus rivais foron CN Athletic, CN Barcelona e CE Cataluña, que naceran en meses posteriores á fundación da UES. Os encontros disputáronse no Hipódromo de Barcelona, e o vencedor final foi a Santboiana. Poucos tempo despois naceu a Federación Catalá de Rugby (1922), que organizou a primeira edición do Campionato de Catalunya (tempada 1922/23) na que tamén participou a UES, saíndo campioa. Eran os primeiros tempos do rugby en Catalunya, e tamén no resto do país. En 1923 fundouse a Federación Madrileña de Rugby, e en 1926 naceu o Campionato de España (actual Copa do Rei). O primeiro campión deste novo torneo nacional foi a sección de rugby do FC Barcelona, que fora fundada en 1924. A UE Santboiana fíxose por primeira vez con este título en 1931 e 1933, coincidindo cos seus seguintes títulos de Catalunya.

Foi a finais dos anos 20 cando naceu a selección de rugby de España, que debutou oficialmente o 19 de maio de 1929 vencendo a Italia por 9 a 0 nun encontro amigable. Aquela selección estaba composta principalmente por xogadores cataláns, sobre todo da UES e do FCB, os dous equipos de referencia naqueles anos.[4]

Resultados da UE Santboiana antes da Guerra Civil
Categoría 36 35 34 33 32 31 30 29 28 27 26 25 24 23 22
Campionato de España C C
Campionato de Catalunya C C C C C C
  • En vermello, títulos acadados. En amarelo, participacións. En branco, non participou. En gris, non se disputou.

Trala Guerra Civil[editar | editar a fonte]

Tralo parón en tódalas competicións deportivas durante a Guerra Civil Española, o club tivo que reemprender a marcha enfrontándose á necesidade de atopar un novo campo no que xogar os seus encontros como local. Construíuse un novo campo de rugby, con túnel de vestiarios, e rodeado por unha pista de atletismo de 400 metros. En 1948, cando o club ía comezar a construción tamén dunha piscina e unha pista polideportiva, o exército fíxose coas instalacións, e obrigou á UE Santboiana a que atopase un novo fogar para a práctica das súas actividades deportivas. As negociacións co concello deron como resultado unha permuta dos terreos por outros da mesma superficie, sitos na actual localización do Estadi Baldiri Aleu. Levouse a cabo a construción do novo estadio, rodeado de novo por unha pista de atletismo, que daquela foi a única regulamentaria para competicións internacionais en todo o territorio español.

Entre tanto o equipo de rugby pasou por unha mala xeira de resultados durante a primeira metade da década dos anos 50. En 1953 a Federación Española de Rugby organizou a primeira edición dunha Liga española de rugby, que contou con 4 equipos, sendo a UE Santboiana un deles. O campión foi o FC Barcelona, mentres que a UES rematou en 3ª posición. Na edición de 1954 a Santboiana non participou no torneo, que desapareceu despois desas dúas tempadas. Malia todo, na segunda metade dos anos 50, a UES comezou unha das etapas máis laureadas da historia do club, que durou uns 10 anos, entre 1956 e 1967. Nese tempo a Santboiana disputou 9 finais do Campionato de España, gañando 5 delas, ademais de gañar 8 Campionatos de Cataluña.

Resultados da UE Santboiana entre a Guerra Civil e o nacemento da actual Liga Española de Rugby
Categoría 69 68 67 66 65 64 63 62 61 60 59 58 57 56 55 54 53 52 51 50 49 48 47 46 45 44 43 42 41
Campionato de España F F F C C C C C F F C C
Campionato de Catalunya C C C C C C C C C C C
  • Campionato de España: En vermello, títulos acadados. En amarelo, subcampionatos. Campionato de Catalunya: En vermello, títulos acadados. Descoñecido o dato dos subcampionatos.

Antes do nacemento do actual Campionato Nacional de Liga, denominado División de Honra, o rugby nacional estivera caracterizado principalmente pola rivalidade deportiva entre a UE Santboiana e o FC Barcelona. En resumidas contas, ate 1969, o dous clubs da provincia de Barcelona gañaran:

  • FC Barcelona: 14 Campionatos de España, 19 Campionatos de Cataluña, 2 Campionatos de Liga
  • UE Santboiana: 9 Campionatos de España, 16 Campionatos de Cataluña

Entre os dous equipos tiñan acadado 23 dos 36 Campionatos de España. Os seguintes equipos nese palmarés nacional tiñan só 2 títulos. Ademais tiñan acadado 35 dos 44 Campionatos de Cataluña. O seguinte equipo nese palmarés catalán tiña só 4 títulos. Esa hexemonía mudou co nacemento do novo torneo nacional de liga.

Nace a Liga Española[editar | editar a fonte]

A Santboiana non estivo presente na primeira edición da actual División de Honra, pero si na segunda, a 1970-71. Dende entón ate a 2011-12, a UES leva 42 tempadas consecutivas disputando a máxima competición do rugby nacional, feito único no que se distingue do resto de clubs españois, xa que os seguintes equipos con máis presenzas na máxima categoría da liga non suman máis de 31 edicións.[5]

Encontro da UE Santboiana como local no Baldiri Aleu na tempada 2010/11.
Tempadas completadas na División de Honra

O nacemento desta competición rematou coa hexemonía de FCB e UES no rugby español, abríndolle as portas á entrada en xogo de equipos do resto do país, con especial éxito no caso dos equipos de Madrid e Valladolid, e en menor medida os de Euskadi, Valencia e Sevilla. Malia todo, a Santboiana acadou 7 títulos de liga (nos anos 1984, 1987, 1989, 1996, 1997, 2005 e 2006) colocándose no 2º posto do palmarés da liga, igualado co CR El Salvador que tamén ten 7 ligas, e só por detrás do CD Arquitectura que gañou 9.

A única presenza da UE Santboiana en competicións europeas oficiais tivo lugar na edición 2003-04 da European Shield, na que o equipo caeu eliminado polo Rugby Leonessa 1928 en cuartos de final despois de ter eliminado ó histórico L'Aquila Rugby italiano en oitavos.[6] Aquela foi a primeira ocasión na que un equipo de rugby español disputaba os cuartos de final de calquera competición europea.

Con respecto ó estadio, o club levou a cabo unha primeira remodelación das súas instalacións en 1971, instalando un alumeado moderno, uns novos vestiarios, un frontón e varias pistas de tenis. En 2004 comezou outra modernización das instalacións coa colaboración do concello, eliminando a pista de atletismo para construír unhas modernas bancadas con asentos de plástico, un novo edificio social, unha nova piscina cuberta e outra descuberta, así como varias pistas de padel e un campo de fútbol sala.

En 2009 naceu un novo proxecto de rugby profesional en España, a Liga Superibérica (ou SIR), que naceu con 6 franquías, unha delas construída sobre a base dos xogadores da UE Santboiana, co apoio doutros equipos máis cativos de Cataluña. O nome da franquía foi Catalunya Blaus Almogàvers, e na primeira e única edición da SIR rematou en 4ª posición. Non houbo máis edicións.

Na tempada 2011-12 o club recibiu o patrocinio da marca automobilística SEAT, asegurándose unha situación boa no contexto da crise económica, o cal lle fixo posible asinar a Ryan Le Roux, o máximo anotador de ensaios da liga nas anteriores 3 tempadas.

Resultados da UE Santboiana dende a creación da Liga Española de Rugby
Categoría 2013 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72 71 70
División de Honra 2 3 7 6 5 8 3 1 1 4 5 4 8 3 2 2 1 1 5 6 5 2 5 5 1 2 1 2 7 1 3 x x x x 7 6 5 6 7 5 3 4
Copa do Rei F F C F C
Copa de Catalunya C C C C C C C C C C C F
  • Liga: O número indica a posición final na táboa. En vermello, campión. Copa do Rei e Copa de Catalunya: En vermello, campión. En amarelo, subcampión. A Copa de Catalunya naceu en 1975.

Tempada actual[editar | editar a fonte]

POSTO EQUIPO PUNTOS XOG GAÑ EMP PER
1º. SEMIFINAIS 600px horizontal pentasection Black White.svg El Salvador 92 22 18 2 2
2º. SEMIFINAIS Blu Marine.svg VRAC 89 22 18 1 3
3º. CUARTOS FINAL 600px Bordeaux.png Alcobendas 78 22 16 1 5
4º. CUARTOS FINAL 600px Horizontal White Red HEX-FF0000.svg Ordizia 63 22 12 2 8
5º. CUARTOS FINAL 600px Nero e Giallo strisce orizzontali.svg Aparejadores 59 22 11 0 11
6º. CUARTOS FINAL 600px horizontal Blue HEX-026CE4 Red HEX-FF2832.svg Barcelona 57 22 11 1 10
7º. PERMANENCIA 600px solid HEX-2385C6.svg Santboiana 57 22 10 1 11
8º. PERMANENCIA 600px Verde giada e Bianco (strisce orizzontali).svg Independiente 43 22 7 1 14
9º. PERMANENCIA 600px horizontal Red HEX-FF0000 Green HEX-15A36F White.svg Hernani 41 22 7 0 15
10º. PERMANENCIA 600px Celeste e Blu (strisce orizzontali).png Cisneros 39 22 5 1 16
11º. PROMOCIÓN 600px Horizontal White Blue HEX-0434B1.svg La Vila 38 22 6 0 16
12º. DESCENSO 600px Nero e Verde (Strisce Orizzontali).svg Gernika 36 22 5 2 15

Eliminatorias[editar a fonte]

Cuartos de final Semifinais Final
 5 de maio, Altamira (Ordizia)    11 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)      25 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)
 [1º] - 600px horizontal pentasection Black White.svg El Salvador  39
 [4º] - 600px Horizontal White Red HEX-FF0000.svg Ordizia  38
 [4º] - 600px Horizontal White Red HEX-FF0000.svg Ordizia  26  
 [5º] - 600px Nero e Giallo strisce orizzontali.svg Aparejadores  31  
 12 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)  [1º] - 600px horizontal pentasection Black White.svg El Salvador  27
 5 de maio, Las Terrazas (Alcobendas)
   [2º] - Blu Marine.svg VRAC  39
 [3º] - 600px Bordeaux.png Alcobendas  34
 [3º] - 600px Bordeaux.png Alcobendas  12  
 [6º] - 600px horizontal Blue HEX-026CE4 Red HEX-FF2832.svg Barcelona  20  
 [2º] - Blu Marine.svg VRAC  33  

Dirixentes[editar | editar a fonte]

Dende 2016 o presidente da Santboiana é Miquel Martínez. O primeiro presidente da entidade foi o seu fundador, Baldiri Aleu, cuxo nome levan o campo de rugby e o complexo deportivo.

Michel Reynard Buisserin, enxeñeiro francés que colaborou con Baldiri Aleu na fundación do club, e que foi membro da Santboiana até o comezo da Segunda Guerra Mundial, morreu no Campo de Buchenwald en 1944. No 50º aniversario da Santboiana (1971) Reynard foi elixido a título póstumo presidente de honra do club.

Patrocinadores[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Categoría sénior[editar | editar a fonte]

Trofeos de liga e copa.
  • Liga Española de rugby: 7 títulos.
    • 1ª posición: 1983/84, 1986/87, 1988/89, 1995/96, 1996/97, 2004/05, 2005/06
    • 2ª posición: 1985/86, 1987/88, 1991/92, 1997/98, 1998/99, 2012/13, 2014/15
    • 3ª posición: 1952/53, 1971/72, 1982/83, 1999/00, 2006/07, 2011/12
  • Copa do Rei de rugby: 12 títulos.
    • 1ª posición: 1930/31, 1932/33, 1942/43, 1947/48, 1957/58, 1958/59, 1959/60, 1960/61, 1961/62, 1988/89, 1999/00, 2016/17
    • 2ª posición: 1948/49, 1955/56, 1962/63, 1963/64, 1966/67, 1989/90, 2003/04, 2006/07
  • Copa Ibérica de rugby: 4 títulos.
    • 1ª posición: 1987/88, 1989/90, 2005/06, 2006/07
    • 2ª posición: 1984/85, 1996/97, 1997/98
  • Copa dos Pireneos/Trofeo Dúas Cataluñas: 3 títulos.
    • 1ª posición: 1959/60, 1960/61, 1999/00
  • Campionato/Copa de Cataluña: 28 títulos.
    • 1ª posición: 1923, 1931, 1933, 1934, 1935, 1943, 1944, 1945, 1956, 1959, 1960, 1961, 1962, 1963, 1964, 1967, 1984, 1992, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2005, 2006, 2007, 2009

Categorías inferiores[editar | editar a fonte]

  • Campionato de España Júnior (sub'23): 2 títulos.
    • 1ª posición: 1996/97, 2006/07
    • 2ª posición: 1997/98
  • Campionato de España Xuvenil (sub'20): 8 títulos.
    • 1ª posición: 1969/70, 1993/94, 1995/96, 1997/98, 1999/00, 2004/05, 2006/07, 2009/10
    • 2ª posición: 1970/71, 2000/01, 2003/04, 2004/05
  • Campionato de España Cadete (sub'18): 12 títulos.
    • 1ª posición: 1975/76, 1976/77, 1986/87, 1992/93, 1993/94, 1997/98, 1998/99, 2003/04, 2004/05, 2005/06, 2009/10, 2010/11
    • 2ª posición: 1990/91, 1991/92, 2001/02, 2006/07, 2011/12
  • Campionato de España Infantil (sub'16): 7 títulos.
    • 1ª posición: 1991/92, 1993/94, 1996/97, 2001/02, 2003/04, 2006/07, 2008/09
    • 2ª posición: 2007/08
  • Campionato de España Alevín (sub'14): 4 títulos.
    • 1ª posición: 1990/91, 2001/02, 2004/05, 2005/06
    • 2ª posición: 1991/92, 1996/97, 2000/01

Xogadores[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa os xogadores que formaron parte do primeiro equipo da UES na tempada 2011-12.[9]

Unió Esportiva Santboiana
Xogadores do primeiro equipo Corpo técnico
  • Flag of Argentina.svg Víctor Acebedo — 1ªL
  • España Josep Balsalobre — 1ªL
  • Flag of Georgia.svg Amirani Chichua — 1ªL
  • Flag of Argentina.svg Damian Mantelli — 1ªL
  • España Omar Miniño — 1ªL
  • Uruguai Mario Sagario — 1ªL
  • España Alfons Duran — Tal
  • España 'Guaje' González — 2ªL
  • Flag of New Zealand.svg Craig Lyons — 2ªL
  • España Pol Massoni — 2ªL (C)
  • España Josep Colet — 3ªL
  • España Sergi Guerrero — 3ªL
  • Flag of New Zealand.svg James Oliver — 3ªL
  • España Alex Palomo — 3ªL
  • Portugal Juan Severino — 3ªL
  • Flag of Argentina.svg Jorge Stavrou — 3ªL
  • España Marc Puigbert — Med
  • Flag of Argentina.svg Luciano Venerio — Med
  • Francia Rafael Staat — Ape
  • Flag of New Zealand.svg Isaac Thompson — Ape
  • España Alex Carrasco — Á
  • Uruguai Mauro Palau — Á
  • Flag of Argentina.svg Gonzalo Sarrasqueta — Á
  • España Axel Serrano — Á
  • Flag of South Africa.svg Burger Geldenhuys — Cen
  • España Ryan Le Roux — Cen
  • España Víctor Marlet — Cen
  • España Gerard Mayol — Cen
  • Flag of New Zealand.svg Isaac Richmond — Cen
  • España Jordi Trubat — Cen
  • España Oriol García — Zag
  • Chile Pablo Llorens — Zag
Adestrador
  • Lewis Williams

Lenda:
  • 1ªL - Primeira liña
    Tal - Talonador
    2ªL - Segunda liña
    3ªL - Terceira liña
    Med - Medio de melé
    Ape - Apertura
    Á - Á
    Cen - Centro
    Zag - Zagueiro

Data: 3 de xullo de 2012
Fontes: Xogadores da UE Santboiana

Ó longo da historia da UE Santboiana, varios grandes xogadores teñen defendido as súas cores. Albert Malo é o que máis encontros internacionais disputou coa camisola da selección española (74), por diante de Salvador Torres (60) e Ferrán Velazco (59). Pola súa banda, Oriol Ripol, que se cadra foi o mellor xogador de rugby español da historia, militou no club na tempada 1998-99.

O xogador máis salientable do actual cadro é Ryan Le Roux, que foi máximo anotador de ensaios da liga española nas tempadas 2008-09, 2009-10 e 2010-11.

Seccións na historia do club[editar | editar a fonte]

Atletismo[editar | editar a fonte]

Na década de 1920, e sen existir unha sección como tal, diversos deportistas santboianos practicaban atletismo, coma os irmáns Joan e Vicenç Bisbal i Climent. Os dous, acabaron adicándose completamente ao rugby. Hoxe en día existe o "Trofeo Imans Bisbal da Escola de Rugby" ("Trofeu Germans Bisbal de l'Escola de Rugbi"), na súa lembranza. Tamén se iniciou na práctica do atletismo, na UES, Isidre Oller i Bisbal, que máis tarde competiría polo RCD Español. Finalmente como moitos dos seus predecesores, tamén se decantaría pola práctica do rugby, do mesma xeito que o fixeran na máis pura tradición santboiana os seus fillos e netos.

A finais dos anos '50, logo do paréntese da Guerra, restituíuse a sección de atletismo. Entre as competicións nas que participaron os seus compoñentes, estivo a proba por relevos de Barcelona a Sitges, na que tamén tomaron parte os equipos do RCD Espanyol, o FC Barcelona e o CN Barcelona, entroutros. Constantino Miranda, nacido en Sant Boi, o mellor deportista español de 1948, e primeiro atleta español finalista nuns Xogos Olímpicos en (Londres, 1948), reforzou a sección, que no seu primeiro ano da proba de relevos acadou o terceiro posto.

A sección de atletismo fusionouse en 1987 coa sección de atletismo do Grup Esportiu Parellada de Sant Boi, dando lugar posteriormente mediante un cambio de nome ao Club de Atletismo Sant Boi

Pesca[editar | editar a fonte]

En 1957, a partir da necesidade de posuír permisos para pescar, un grupo de amigos afeccionados á pesca deciden agruparse e crear unha sección de pesca na UES, funcionou como sección durante catro anos e foi o embrión da Sociedade de Pescadores deportivos La Santboiana, creada como entidade propia en 1963.

Diversos[editar | editar a fonte]

Na pista polideportiva ao aire libre das instalacións do club (hoxe en día desaparecida pola súa substitución por un Complexo deportivo cuberto) practicáronse dende principios da década dos '50, e durante anos baloncesto, balonmán e hóckey a patíns como seccións deportivas federadas da UES.

Así mesmo existiu unha sección de petanca e unha de natación que creou os Cursiños de Natación Utilitaria, dos máis antigos da Comarca do Baix Llobregat, polos que pasaron infinidade de santboianos e santboianas, que aprenderon a nadar na piscina descuberta do club, nunha época na que apenas existían piscinas abertas ao público en xeral.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]