European Shield

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A European Shield (tamén coñecida como Parker Pen Shield debido ao seu patrocinador) foi a terceira competición en importancia do rugby en Europa que se disputou entre o 2002 e o 2005. A European Shield fue un torneo de repesca para os equipos eliminados na primeira rolda da European Challenge Cup durante a etapa na que esta competición se xogou baixo o formato de eliminación directa. O nome de "European Shield" fora previamente empregado para a rebautizada European Challenge Cup.

Durante a tempada 2004-2005, a que foi a súa derradeira edición, os equipos eliminados da European Challenge Cup, enfrontáronse a equipos que non participaran nesa copa como foron o Bucuresti (Romanía), UCM Madrid (España), Bera Bera Rugby Taldea (España) e o Lisboa Rugby Club (Portugal).

Esta competición, viu a luz co troco no formato da European Challenge Cup na tempada 2002-03. A Challenge pasou dun formato de grupos a un formato de eliminación directa. A Shield foi creada para que os equpos eliminados na primeira rolda puideran continuar a súa andaina europea. Unha nova reforma da Challenge na tempada 2005-06, reintroduciu o sistema de grupos, incrementando o número de equipos participantes de 20 a 32, provocando a desaparición da European Shield.

O nome de European Shield, e máis particularmente o de Parker Pen Shield, foi o nome orixinario da European Challenge Cup, mais trala reforma da copa en 2002-03, esta competción foi rebautizada co actual European Challenge Cup, gardando o mesmo xeito de selección e status de segunda competición en importancia de Europa. Esta reforma xerou unha nova copa que recibiu o nome de European Shield, aínda que non tivera nada que ver coas edicións anteriores desa competición. É por iso que as edicións precedentes da antiga European Shield teñen o seu palmarés na European Challenge Cup, xa que esta é a competición que a sucedeu.

En tódalas edicións o dominio francés foi total, gañando nas tres edicións que se disputaron, equipos desta nacionalidade. Nunca un equipo conseguíu revalidar o título.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Por Tempadas[editar | editar a fonte]

Data da Final Campión Finalista Resultado Sede da Final Espectadores
25 de maio de 2003 Francia Castres Olympique Flag of Wales.svg Caerphilly 40-12 Madejski Stadium, Reading 3.500
21 de maio de 2004 Francia Montpellier RC Italia Viadana 25-19 Stadio Sergio Lanfranchi, Parma 2.553
23 de maio de 2005 Francia FC Auch Inglaterra Worcester Warriors 23-10 Kassam Stadium, Oxford 2.823

Por clubs[editar | editar a fonte]

Ránking Club Número de títulos Último Título Finais perdidas Última derrota na final
1 Francia Castres Olympique 1 2003 0
- Francia FC Auch 1 2005 0
- Francia Montpellier RC 1 2004 0

Por país[editar | editar a fonte]

Ránking País Victorias Finais
perdidas
1 Francia Francia 3 0
2 Inglaterra Inglaterra 0 1
- Italia Italia 0 1
- Flag of Wales.svg Gales 0 1

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]