División de Honra de Rugby 2022-2023
| Tipo | competición deportiva |
|---|---|
| Deporte | rugby a 15 |
| Organizador | Federación Española de Rugby |
| Número de participantes | 13 |
| Localización e Datas | |
| País | España |
| Período | tempada 2022-2023 |
| Número de edición | 56 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Valladolid Rugby Asociación Club |
A tempada 2022-2023 da División de Honra da liga nacional de rugby é a 56ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España.
Formato de competición
[editar | editar a fonte]A liga está formada por trece equipos en lugar dos doce habituais. Na pasada edición La Vila e Gernika remataron na penúltima e última posición, pero o Alcobendas foi condenado a descender por aliñar repetidamente a un xogador como seleccionable cando no o era. Esta circunstancia afectou a La Vila que quedou exento da promoción. Nun inicio o Gernika tiña que descender, pero reclamaron que a redución de puntos por sanción de Alcobendas significaba que pasaban a ocupar a última posición e, polo tanto, o Gernika debería ter dereito a defender a súa praza na máxima categoría nunha eliminatoria contra o subcampión da División de Honra B, o Belenos. O Belenos xa recibira a confirmación de que tiña unha praza na máxima categoría co descenso de Alcobendas, cando quedou exento da disputa da promoción contra La Vila. A Federación Española de Rugby decidiu que o máis xusto era conceder un lugar na máxima categoría tanto ó Gernika coma ó Belenos, pasando así a División de Honra de doce a trece equipos.
A primeira fase do torneo consiste nunha liga a unha volta na que cada equipo xoga doce encontros, un contra cada equipo rival. Esta fase consta de trece xornadas. En cada xornada se disputan seis encontros e hai un equipo que descansa. Cando remate esta primeira fase os seis primeiros equipos da táboa pasarán á segunda fase dentro do Grupo A, e os sete últimos equipos da táboa pasarán á segunda fase dentro do Grupo B.
Os seis equipos do Grupo A serán tamén os seis equipos que participarán na edición 2023 da Copa do Rei.
Sistema de puntuación
[editar | editar a fonte]- Cada vitoria suma 4 puntos.
- Cada empate suma 2 puntos.
- O equipo que gaña o encontro anotando 3 ensaios ou máis que o rival acada un punto bonus.
- O equipo que perde o encontro por unha diferenza de 7 tantos ou menos acada un punto bonus.
Criterio de desempate
[editar | editar a fonte]No caso de que dous ou máis equipos estean empatados a puntos cando remate a primeira fase, os criterios de desempate serán os seguintes:
- 1º - Maior número de partidos gañados
- 2º - Maior diferenza entre tantos anotados e tantos encaixados
Primeira fase
[editar | editar a fonte]A primeira fase da División de Honra comezou o 1 de outubro de 2022 e rematará o 19 de febreiro de 2023. Contará con trece xornadas de competición nas que cada equipo xogará doce encontros e terá un día de descanso. Cando remate a primeira fase todos os equipos terán xogado unha vez contra os seus doce rivais. Esta primeira fase servirá para separar os seis equipos que disputarán a Copa do Rei dos sete equipos que competirán pola permanencia na segunda fase.
Táboa
[editar | editar a fonte]| Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 53 | 12 | 11 | 0 | 1 | ||||
| 2 | 49 | 12 | 10 | 0 | 2 | ||||
| 3 | 47 | 12 | 10 | 0 | 2 | ||||
| 4 | 36 | 12 | 7 | 1 | 4 | ||||
| 5 | 34 | 12 | 7 | 0 | 5 | ||||
| 6 | 34 | 12 | 7 | 1 | 4 | ||||
| 7 | 33 | 12 | 7 | 0 | 5 | ||||
| 8 | 25 | 12 | 5 | 0 | 7 | ||||
| 9 | 23 | 12 | 5 | 0 | 7 | ||||
| 10 | 19 | 12 | 4 | 0 | 8 | ||||
| 11 | 18 | 12 | 3 | 0 | 9 | ||||
| 12 | 7 | 12 | 1 | 0 | 11 | ||||
| 13 | 0 | 12 | 0 | 0 | 12 | ||||
| Campión de inverno. Os seis primeiros pasan ó Grupo A e á Copa do Rei. Os sete últimos pasan ó Grupo B. | |||||||||
- Fonte: ferugby.es Arquivado 20 de novembro de 2022 en Wayback Machine.
Segunda fase
[editar | editar a fonte]Nesta segunda fase da liga cada equipo xogará contra tódolos equipos do seu grupo, tendo os do Grupo A cinco partidos e os do Grupo B seis partidos. Nesta segunda fase da liga non se parte de cero puntos, mantéñense os puntos acadados por cada equipo durante a primeira fase.
Grupo A
[editar | editar a fonte]| Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 70 | 17 | 14 | 1 | 2 | ||||
| 2 | 69 | 17 | 15 | 0 | 2 | ||||
| 3 | 66 | 17 | 13 | 1 | 3 | ||||
| 4 | 43 | 17 | 9 | 1 | 7 | ||||
| 5 | 38 | 17 | 8 | 0 | 9 | ||||
| 6 | 38 | 17 | 7 | 1 | 9 | ||||
| Clasificados para Cuartos de Final e para a Copa do Rei. | |||||||||
- Fonte: ferugby.es Arquivado 20 de novembro de 2022 en Wayback Machine.
Grupo B
[editar | editar a fonte]| Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 56 | 18 | 12 | 0 | 6 | ||||
| 2 | 49 | 18 | 10 | 0 | 8 | ||||
| 3 | 37 | 18 | 8 | 0 | 10 | ||||
| 4 | 36 | 18 | 7 | 0 | 11 | ||||
| 5 | 31 | 18 | 6 | 0 | 12 | ||||
| 6 | 17 | 18 | 3 | 0 | 15 | ||||
| 7 | 0 | 18 | 0 | 0 | 18 | ||||
| Clasificados para Cuartos de Final. Promoción. Descenso. | |||||||||
- Fonte: ferugby.es Arquivado 20 de novembro de 2022 en Wayback Machine.
Eliminatorias polo título
[editar | editar a fonte]| Cuartos de final | Semifinal | Final | ||||||||
| 1. |
28 | |||||||||
| 8. |
17 | |||||||||
| 1. |
46 | |||||||||
| 4. |
11 | |||||||||
| 4. |
38 | |||||||||
| 5. |
31 | |||||||||
| 1. |
40 | |||||||||
| 2. |
34 | |||||||||
| 2. |
32 | |||||||||
| 7. |
22 | |||||||||
| 2. |
28 | |||||||||
| 3. |
21 | |||||||||
| 3. |
36 | |||||||||
| 6. |
12 | |||||||||
Promoción
[editar | editar a fonte]Gernika e La Vila remataron nas dúas últimas posición do campionato e perderon a categoría. Alcobendas acadou o ascenso directo despois de gañar a División de Honra B. A promoción foi disputada por Pozuelo, 11º na División de Honra, e Independiente, subcampión da División de Honra B. Nela o Pozuelo acadou a permanencia con claridade.
- Ida
-
- Independiente 25-73 Pozuelo
- Volta
-
- Pozuelo 93-19 Independiente