División de Honra B de Rugby 2011-2012
A tempada 2011-2012 da División de Honra B foi a décimo cuarta edición da segunda división da liga de rugby de España, categoría creada en 1998 pola Federación Española de Rugby.
Formato de competición
[editar | editar a fonte]Nesta edición o número de participantes mantívose en dezaseis, e o formato de competición tivo un troco salientable. O torneo contou con dous grupos de oito equipos cada un. O "Grupo 1" estivo formado por oito equipos da metade norte de España, mentres que o "Grupo 2" estivo formado por oito equipos da metade sur de España, cos equipos de Madrid repartidos entre os dous grupos.
Cada grupo funcionou como unha competición independente durante a fase de liga regular, trala cal os equipos dos dous grupos se cruzaron para definir as posicións finais. Os dous primeiros equipos de cada grupo se enfrontaron entre si para definir os postos do un ó catro. Os dous seguintes equipos de cada grupo se enfrontaron entre si para definir os postos do cinco ó oito. Os dos seguintes equipos de cada grupo se enfrontaron entre si para definir os postos do nove ó doce. Os dous peores equipos de cada grupo se enfrontaron entre si para definir os postos do trece ó dezaseis.
Os equipos que remataron a segunda fase nos dous primeiros postos do torneo acadaron o ascenso directo á División de Honra, mentres que o terceiro tivo que disputar unha eliminatoria de promoción para tentar ascender. Por outra banda, os dous últimos tiveron unha eliminatoria de promoción pola permanencia contra equipos da Primeira Nacional.
A liga regular contou con 14 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival do seu grupo, unha vez como local e outra como visitante, usando o seguinte sistema de puntuación: catro puntos por vitoria, dous por empate, e puntos "bonus" adicionais no caso de anotar catro ensaios ou máis e no caso de perder por sete puntos ou menos.
Fase de liga regular
[editar | editar a fonte]Grupo 1
[editar | editar a fonte]Posto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | PF | PC | B |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | Hernani C.R.E. | 69 | 14 | 14 | 0 | 0 | 449 | 138 | 13 |
2º. | Bera Bera R.T. | 54 | 14 | 11 | 0 | 3 | 417 | 245 | 10 |
3º. | Oviedo R.C. | 36 | 14 | 7 | 0 | 7 | 379 | 313 | 8 |
4º. | Independiente R.C. | 28 | 14 | 6 | 0 | 8 | 274 | 412 | 4 |
5º. | C.D. Hercesa | 28 | 14 | 5 | 0 | 9 | 335 | 393 | 8 |
6º. | F.C. Barcelona | 27 | 14 | 5 | 0 | 9 | 225 | 321 | 7 |
7º. | R.C. L'Hospitalet | 25 | 14 | 5 | 0 | 9 | 218 | 304 | 5 |
8º. | Durango R.T. | 16 | 14 | 3 | 0 | 11 | 218 | 389 | 4 |
Grupo 2
[editar | editar a fonte]Posto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | PF | PC | B |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | C.R.C. Pozuelo | 63 | 14 | 13 | 0 | 1 | 524 | 121 | 11 |
2º. | C.R. Cisneros | 55 | 14 | 11 | 0 | 3 | 506 | 181 | 11 |
3º. | C.R. Liceo Francés | 40 | 14 | 7 | 1 | 6 | 387 | 278 | 10 |
4º. | C.R. Les Abelles | 37 | 14 | 8 | 0 | 6 | 257 | 290 | 5 |
5º. | C.A.U. Valencia | 33 | 14 | 7 | 0 | 7 | 264 | 340 | 5 |
6º. | C.R.A. Portuense | 29 | 14 | 6 | 0 | 8 | 238 | 351 | 5 |
7º. | C.D. Arquitectura | 15 | 14 | 2 | 1 | 11 | 205 | 401 | 5 |
8º. | Helvetia Rugby | 7 | 14 | 1 | 0 | 13 | 148 | 567 | 3 |
Eliminatorias polo 1º ó 4º posto (1º e 2º). |
|
Fase de eliminatorias
[editar | editar a fonte]Do 1º ó 4º posto
[editar | editar a fonte]Semifinais | Final | |||||||
C.R.C. Pozuelo | 27 | 15 | ||||||
Bera Bera R.T. | 23 | 16 | ||||||
C.R.C. Pozuelo | 21 | |||||||
C.R. Cisneros | 32 | |||||||
3º e 4º posto | ||||||||
Hernani C.R.E. | 16 | 13 | Bera Bera R.T. | 20 | 18 | |||
C.R. Cisneros | 23 | 7 | Hernani C.R.E. | 35 | 18 |
O campión da categoría foi o C.R. Cisneros, que acadou o ascenso directo ó igual que o equipo finalista C.R.C. Pozuelo. O terceiro clasificado Hernani C.R.E. disputou a promoción contra o C. Alcobendas R. acadando o equipo vasco o ascenso despois de gañar na ida como local por 19-18 e na volta como visitante por 6-8.
Do 5º ó 8º posto
[editar | editar a fonte]Semifinais | 5º e 6º posto | |||||||
C.R. Liceo Francés | 18 | 33 | ||||||
Independiente R.C. | 24 | 17 | ||||||
C.R. Liceo Francés | 17 | 33 | ||||||
Oviedo R.C. | 34 | 3 | ||||||
7º e 8º posto | ||||||||
C.R. Les Abelles | 14 | - | Independiente R.C. | 22 | ||||
Oviedo R.C. | 20 | - | C.R. Les Abelles | 33 |
Do 9º ó 12º posto
[editar | editar a fonte]Semifinais | 9º e 10º posto | |||||||
C.A.U. Valencia | 39 | 36 | ||||||
F.C. Barcelona | 15 | 12 | ||||||
C.A.U. Valencia | 42 | |||||||
C.D. Hercesa | 33 | |||||||
11º e 12º posto | ||||||||
C.D. Hercesa | 17 | 39 | F.C. Barcelona | 12 | ||||
C.R.A. Portuense | 36 | 10 | C.R.A. Portuense | 31 |
Do 13º ó 16º posto
[editar | editar a fonte]Semifinais | 13º e 14º posto | |||||||
C.D. Arquitectura | 19 | 52 | ||||||
Durango R.T. | 15 | 20 | ||||||
C.D. Arquitectura | 22 | |||||||
Helvetia Rugby | 27 | |||||||
15º e 16º posto | ||||||||
R.C. L'Hospitalet | 9 | 20 | Durango R.T. | 7 | ||||
Helvetia Rugby | 20 | 10 | R.C. L'Hospitalet | 22 |
Durango e L'Hospitalet, como últimos clasificados, tiveron que disputar a promoción pola permanencia fronte a dous equipos da Primeira Nacional, o Belenos asturiano e o Zarautz vasco, vencendo tódolos encontros, de xeito que os dous acadaron a permanencia e ningún equipo perdeu a categoría.