División de Honra de Rugby 1996-1997

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
División de Honra
Fundación1953
RexiónEspaña España
Equipos10
Actual campiónUE Santboiana (1995-1996)
OrganizadorFederación Española de Rugby
Sitio webwww.ferugby.com

A tempada 1996-1997 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 30 da máxima categoría do rugby en España. A tempada rematou coa vitoria final no campionato para UE Santboiana por quinta vez na súa historia.

A UE Santboiana era o defensor do título logrado na anterior tempada. Os dous novos equipos na categoría foron o Bera Bera Rugby Taldea e o CD Universidad de Sevilla, que ocuparon os lugares de El Salvador e BUC, descendidos o ano anterior.

Clasificación[editar | editar a fonte]

España División de Honra — Tempada 1996/97
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC
1 Cataluña UE Santboiana 30 18 15 0 3 537 292
2 Flag of the Basque Country.svg Getxo RT 30 18 15 0 3 536 315
3 Comunidade de Madrid CD Arquitectura 26 18 13 0 5 490 328
4 Castela e León VRAC 20 18 10 0 8 358 386
5 Andalucía CR Ciencias 18 18 9 0 9 333 379
6 Comunidade de Madrid Real Canoe 16 18 8 0 10 431 351
7 Comunidade de Madrid CR Cisneros 14 18 7 0 11 412 482
8 Andalucía U.Sevilla 12 18 6 0 12 436 454
9 Flag of the Valencian Community (2x3).svg RC Valencia 12 18 6 0 12 429 522
10 Flag of the Basque Country.svg Bera Bera RT 2 18 1 0 17 263 716

<<<< 1995/96 — Tempadas — 1997/98 >>>>


En azul      o campión de liga (1º).
En vermello      as posicións de promoción (9º e 10º).

Datos finais do campionato
  • UE Santboiana conseguiu o campionato nacional de liga, con 30 puntos en 18 xornadas. Foi o 5º título de liga para o club.
  • Getxo RT rematou empatado a puntos e a vitorias con UE Santboiana. O título de campión decidiuse pola suma dos puntos acadados por cada equipo nos seus dous enfrontamentos cara a cara (20-16 en Sant Boi e 34-33 en Getxo).
  • O último clasificado, Bera Bera Rugby Taldea, descendeu de categoría ó remate da tempada caendo na promoción fronte ó CN Montjuic. O Valencia non tivo que disputar a súa eliminatoria de promoción por renuncia do RC L'Hospitalet.
  • Os xogadores da UE Santboiana Alberto Malo e Albert Torras, lideraron a táboa de ensaiadores da liga, con 14 ensaios cada ún; mentres que o apertura ucraíno nacionalizado español Andrei Kovalenco, do Real Canoe, liderou a táboa de anotadores con 150 puntos.
  • Club de Rugby El Salvador, Club Natació Montjuic e Club de Rugby Liceo Francés acadaron o ascenso para competir na tempada 1997-98 na División de Honra, cuxo formato ía pasar de 10 a 12 equipos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]