División de Honra B de Rugby 1999-2000
A tempada 1999-2000 da División de Honra B foi a segunda edición da nova segunda división do rugby en España, creada o ano anterior pola Federación Española de Rugby co nome de "Campionato de Liga Nacional Primeira Especial".
Formato de competición
[editar | editar a fonte]Nesta edición o número de participantes pasou de oito a dez, e o formato foi máis sinxelo, contanto cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o ascenso directo á División de Honra, e os dous últimos o descenso directo a Primeira Nacional.
Os dez equipos participantes foron o Cisneros, CAU Valencia, CRAT e L'Hospitalet participantes na edición anterior; o CDU Sevilla, Valencia e Montjuic descendidos da División de Honra; o CAR ascendido da Primeira Nacional; o MARU que foi o resultado da fusión de La Moraleja (presente na anterior edición) e Alcobendas (acabado de ascender da Primeira Nacional); e o Bera Bera que descendera o ano anterior, pero que foi repescado ó quedar unha praza libre trala fusión do Alcobendas con La Moraleja.
A liga contou con 18 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival, unha vez como local e outra como visitante, sumando dous puntos por vitoria e un por empate.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Posto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | PF | PC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | M.A.R.U. | 32 | 18 | 16 | 0 | 2 | 707 | 255 |
2º. | C.D.U. Sevilla | 32 | 18 | 16 | 0 | 2 | 602 | 294 |
3º. | C.R. Cisneros | 24 | 18 | 12 | 0 | 6 | 458 | 382 |
4º. | R.C. Valencia | 24 | 18 | 12 | 0 | 6 | 562 | 378 |
5º. | C.A.R. | 18 | 18 | 9 | 0 | 9 | 373 | 449 |
6º. | C.A.U. Valencia | 14 | 18 | 7 | 0 | 11 | 243 | 383 |
7º. | C.R.A.T. | 11 | 18 | 5 | 1 | 12 | 312 | 491 |
8º. | C.N. Montjuic | 10 | 18 | 5 | 0 | 13 | 371 | 497 |
9º. | R.C. L'Hospitalet | 8 | 18 | 4 | 0 | 14 | 262 | 536 |
10º. | Bera Bera R.T. | 7 | 18 | 3 | 1 | 14 | 287 | 512 |
Posicións de ascenso directo (1º e 2º). |
|
O campión da categoría foi o Moraleja Alcobendas Rugby Union