Valladolid Rugby Asociación Club
Nome | Valladolid Rugby Asociación Club | ||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Queseros | ||
Fundación | 1986 | ||
Sede | Valladolid, España | ||
Estadio(s) | Campos de Pepe Rojo | ||
Capacidade | 2.500 asentos espectadores | ||
Presidente | Jorge Calleja | ||
Adestrador | Diego Merino | ||
Capitán | Kalokalo Gavidi | ||
Liga(s) | División de Honra | ||
2022-23 | Campión | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.valladolidrac.com/ | |||
O Valladolid Rugby Asociación Club ou VRAC (denominado VRAC Quesos Entrepinares por razóns de patrocinio) é un club deportivo adicado ó rugby que foi fundado no ano 1986 na cidade de Valladolid, e que leva competindo na División de Honra dende a tempada 1991/92.
O equipo xoga os seus encontros como local no estadio Pepe Rojo da capital castelán leonesa, que ten capacidade para acoller a 2.500 persoas. Comparte estas instalacións co seu principal rival deportivo, o Club de Rugby El Salvador.
Por mor do seu tradicional patrocinador, unha empresa local adicada á fabricación de queixos, o equipo e mais os seareiros deste club son chamados "queseros".
Historia
[editar | editar a fonte]O club VRAC naceu na tempada 1986-87 cando algúns dos membros do CD Lourdes coñeceron a noticia de que a escola Lourdes da cidade de Valladolid ía deixar de apoiar o deporte do rugby. Entón crearon un novo equipo, que competiu por vez primeira na tempada 1987-88 ocupando a praza do CD Lourdes na 1ª Nacional.
Coa axuda económica dalgunha empresa local como Granja Conchita e Quesos Canal, o equipo mantivo a categoría e mesmo acadou o ascenso 4 anos despois para competir na División de Honra. Dende a súa primeira participación na máxima categoría do rugby español, o VRAC non descendeu nunca, de xeito que leva máis de 30 anos seguidos na elite nacional.
Os éxitos deportivos do VRAC consisten en doce títulos nacionais de Liga, seis Copas do Rei, oito Supercopas e sete Copas Ibéricas.
Palmarés
[editar | editar a fonte]De seguido figura o palmarés oficial do primeiro equipo sénior masculino do club en competicións oficiais ó longo da súa historia:
- Liga Española de rugby: 12 títulos.
- Copa do Rei de rugby: 6 títulos.
- 1ª posición: 1997/98, 2009/10, 2013/14, 2014/15, 2017/18, 2022/23
- 2ª posición: 1995/96, 2001/02, 2005/06, 2010/11, 2012/13, 2015/16, 2023/24
- Copa Ibérica de rugby: 7 títulos.
- 1ª posición: 2014/15, 2017/18, 2018/19, 2019/20, 2020/21, 2021/22, 2023/24
- 2ª posición: 1999/00, 2001/02, 2012/13, 2013/14, 2015/16
- Supercopa de España de rugby: 8 títulos.
- 1ª posición: 2010/11, 2012/13, 2013/14, 2014/15, 2015/16, 2016/17, 2017/18, 2019/20
- 2ª posición: 2001/02, 2018/19, 2023/24
- Posicións do VRAC en competicións de liga e copa dende o ano da súa fundación
Categoría | 20 | 19 | 18 | 17 | 16 | 15 | 14 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Div.Honra | 1 | 2 | 1 | 2 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 5 | 4 | 4 | 4 | 4 | 6 | 4 | 3 | 3 | 5 | 1 | 5 | 1 | 4 | 4 | 7 | 3 | 4 | 10 | 10 | |||||
Div.Honra B | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1ª Nacional | 1º | 2º | 8º | 9º | 8º | |||||||||||||||||||||||||||||
Copa | ? | 1 | 2 | 1 | 1 | 2 | 2 | 1 | 2 | 2 | 1 | 2 |
A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.
- Tempadas completadas na División de Honra
- Con 51 tempadas: UE Santboiana
- Con 37 tempadas: CR Cisneros
- Con 36 tempadas: CR El Salvador e CRC Pozuelo
- Con 34 tempadas: Getxo RT
- Con 32 tempadas: VRAC
- Con 29 tempadas: CD Arquitectura e CR Ciencias
- Con 23 tempadas: FC Barcelona
- Con 22 tempadas: RC Valencia
- Outros.
Tempada actual
[editar | editar a fonte]POSTO | EQUIPO | PUNTOS | XOG | GAÑ | EMP | PER | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | SEMIFINAIS | VRAC | 68 | 17 | 14 | 1 | 2 |
1º. | SEMIFINAIS | El Salvador | 66 | 17 | 14 | 0 | 3 |
3º. | CUARTOS FINAL | Alcobendas | 56 | 17 | 12 | 0 | 5 |
4º. | CUARTOS FINAL | Ordizia | 55 | 17 | 11 | 1 | 5 |
5º. | CUARTOS FINAL | Santboiana | 43 | 17 | 9 | 1 | 7 |
6º. | CUARTOS FINAL | Barcelona | 42 | 17 | 8 | 3 | 6 |
7º. | PERMANENCIA | Independiente | 39 | 17 | 8 | 1 | 8 |
8º. | PERMANENCIA | Aparejadores | 35 | 17 | 7 | 2 | 8 |
9º. | PERMANENCIA | Ciencias | 26 | 17 | 5 | 0 | 12 |
10º. | PERMANENCIA | Cisneros | 25 | 17 | 5 | 0 | 12 |
11º. | PROMOCIÓN | Santander | 23 | 17 | 3 | 1 | 13 |
12º. | DESCENSO | Hernani | 8 | 17 | 1 | 0 | 16 |
Xogadores
[editar | editar a fonte]A seguinte táboa amosa o cadro dos xogadores que forman parte do primeiro equipo do V.R.A.C. na tempada 2015-16.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cadro de xogadores do VRAC Arquivado 25 de setembro de 2015 en Wayback Machine. (en castelán)