División de Honra de Rugby 2012-2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
División de Honra de Rugby
Fundación1953
RexiónEspaña España
Equipos12
Actual campiónVRAC (2011-12)
OrganizadorFER
Sitio webwww.ferugby.com

A tempada 2012-2013 da División de Honra da liga española de rugby, chamada comercialmente Liga Renfe, foi a 46ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España. A liga regular comezou oficialmente o 16 de setembro de 2012, e rematou o 28 de abril de 2013 despois de 22 xornadas, para darlle paso á fase de eliminatorias polo título, cuxa final tivo lugar o 13 de maio de 2013.

Formato[editar | editar a fonte]

O torneo estivo composto por unha fase de liga regular e unha fase final. A liga regular constou de 22 xornadas. Na primeira volta cada equipo enfrontouse cos restantes 11, e na segunda volta repetiu os enfrontamente, recibindo como local ós equipos que visitou na primeira volta, e visitando ós equipos que recibiu como local na primeira volta. Ó remate da liga regular, os 6 primeiros equipos da táboa clasificatoria disputaron a fase final. A fase final constou de 5 encontros, 2 de cuartos de final, 2 de semifinais, e 1 da final. Nos cuartos de final enfrontáronse entre si os equipos clasificados entre a 3ª e a 6ª posición da táboa, mentres que os 2 primeiros equipos da táboa agardaban en semifinais polos seus rivais. A final dispútouse no estadio do equipo finalista mellor clasificado na liga regular.

O descenso de categoría foille imposto ó último equipo da táboa, mentres que o penúltimo equipo tivo a oportunidade de disputar unha eliminatoria fronte ó segundo clasificado da División de Honra B para acadar a permanencia.

Equipos[editar | editar a fonte]

Despois de 13 anos cunha liga de 10 equipos, a edición 2012-2013 volveu novamente a contar cun formato de 12 participantes. O vixente campión, VRAC, foi o encargado de defender o título acadado na anterior tempada. Non obstante, o equipo castelán non aceptou ser o representante español convidado na segunda competición europea, a European Challenge Cup, e foi o Gernika RT o único club que aceptou esa honra, de xeito que o conxunto vasco tivo que compaxinar nesa tempada as competicións domésticas de liga e copa coa competición continental. De seguido amósanse uns datos básicos sobre cada un dos 9 equipos que xa competiron na División de Honra na anterior tempada (entre parénteses, a posición acadada):

Os 3 equipos acabados de ascender eran o CRC Madrid (denominado dende esa tempada "Rugby Atlético de Madrid" tras acadar un acordo co club roxibranco), o CR Cisneros e o Hernani CRE. Estes 3 equipos viñan a cubrir a ausencia do descendido Club Alcobendas Rugby e a encher a 2 prazas novas coas que contaba nesa tempada a División de Honra. De seguido amósanse uns datos básicos sobre os 3 equipos ascendidos o ano anterior:

Liga Regular[editar | editar a fonte]

A liga regular comezou oficialmente o 16 de setembro de 2012, e rematou o 28 de abril de 2013 despois da disputa de 22 xornadas. Para entón xa se sabía calen eran os 6 primeiros equipos da táboa, que disputaron a fase final de eliminatorias polo título de liga. A seguinte táboa amosa a clasificación final da liga regular:

España División de Honra — Tempada 2012/13
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. BO BD
Castela e León VRAC Quesos Entrepinares Vixente campión de liga 85 22 17 0 5 14 3
Cataluña Santboiana SEAT 81 22 16 2 4 11 2
Bizkaia Gernika 75 22 15 0 7 13 2
Castela e León Cetransa El Salvador 68 22 13 1 8 9 5
Ampo Ordizia 65 22 12 2 8 10 3
Comunidade de Madrid Atlético de Madrid Equipo ascendido a pasada tempada 60 22 12 2 8 6 2
Comunidade de Madrid Complutense Cisneros Equipo ascendido a pasada tempada 50 22 9 0 13 9 5
Getxo Artea 50 22 9 0 13 9 5
Andalucía Ciencias Fundación Cajasol 50 22 8 0 14 11 7
10º Galicia Blu:Sens Universidade de Vigo 44 22 8 1 13 6 4
11º Hernani CRE Equipo ascendido a pasada tempada 32 22 6 0 16 5 3
12º CR La Vila 17 22 3 0 19 3 2
Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 4 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.

<<<< 2011/12 — Tempadas — 2013/14 >>>>


En azul      as posicións que clasifican para semifinais (1º e 2º).
En verde      as posicións que clasifican para cuartos de final (3º, 4º, 5º e 6º).
En rosa      a posición de promoción de permanencia (11º).
En vermello      a posición de descenso directo (12º).

Fase final[editar | editar a fonte]

Foi a segunda tempada consecutiva na que o título de campión se decidiu nunha fase final de eliminatorias entre os 6 primeiros equipos da táboa clasificatoria. A final tivo lugar o 13 de maio de 2013 no campo do equipo VRAC por ser o finalista mellor situado ó remate da liga regular.

Cuartos de Final Semifinais Final
           
 1º. Castela e León VRAC Quesos Entrepinares  22
 4º. Castela e León Cetransa El Salvador  34
 4º. Castela e León Cetransa El Salvador  18  
 5º. AMPO Ordizia  26  
   1º. Castela e León VRAC Quesos Entrepinares  27
 
   2º. Cataluña Santboiana SEAT  25
 3º. Bizkaia Gernika  15
 6º. Comunidade de Madrid Rugby Atlético de Madrid  17  
 6º. Comunidade de Madrid Rugby Atlético de Madrid  29  
 2º. Cataluña Santboiana SEAT  28  

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]