Club de Rugby El Salvador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
SilverStorm El Salvador
Nome completo Club de Rugby El Salvador
Alcume(s) Chamizos
Fundación 1960
Localización Valladolid, España
Estadio(s) Campos de Pepe Rojo
Capacidade 2.500 asentos
Presidente Santiago Toca
Adestrador Juan Carlos Pérez
Capitán Fernando González
Máx. Anotador
Máis ensaios
Liga División de Honra
Tempada 2017-2018
Posición 2º / finalista
Páxina web oficial
Na súa casa
Fóra

O Club de Rugby El Salvador, denominado SilverStorm El Salvador por razóns de patrocinio, é un equipo español de rugby, fundado en 1960 na cidade de Valladolid. Vixente campión de liga e copa, o seu palmarés é un dos máis salientables a nivel nacional, con 8 títulos de liga e 7 de copa entre outros.

As cores clásicas do equipo son o negro e o branco, e os seus seareiros son coñecidos polo alcume de Chamizos.

É moi salientable a rivalidade que o Club de Rugby El Salvador mantén con outro equipo da cidade pucelana, o Valladolid Rugby Asociación Club (VRAC). Ámbolos dous equipos disputan os seus encontros como locais nos Campos de Pepe Rojo, unhas instalacións municipais inauguradas en 1981 con capacidade para acoller a 2500 persoas sentadas nas bancadas. Entre as tempadas 1997/98 e 2017/18 os dous equipos de Valladolid gañaron 15 das 21 ligas en xogo, e 11 das 21 copas en xogo, e teñen achegado a ducias dos seus xogadores á selección española, velaí a súa relevancia.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Georges Bernés (1921-2017), un relixioso francés que peregrinou a Santiago de Compostela en 1959, entrou ó ano seguinte no colexio El Salvador de Valladolid como mestre de ximnasia, e axiña comezou a ensinar a xogar a rugby ós rapaces no patio do colexio. Xa no primeiro ano de competición acadaron os campionatos de España nas categorías benxamín, alevín e infantil. Deste xeito, o equipo naceu cunha filosofía baseada no coidado da canteira.

O equipo sénior, formado poucos anos despois por antigos alumnos do colexio, acadou o ascenso á máxima categoría do rugby nacional en 1970, e xa na súa primeira tempada saíu subcampión de liga, só por detrás do gran Real Canoe Natación Club madrileño, ante o cal tamén caeu na final da Copa do Rei. O equipo mantivo o seu gran nivel competitivo nas seguintes dúas tempadas, acadando un novo subcampionato de liga na tempada 1971-1972 e o terceiro posto na tempada 1972-1973.

Colexio El Salvador, en Valladolid.

Malia todo, a dirección do colexio tomou en 1973 a decisión de cederlle os dereitos deportivos do primeiro equipo sénior á Universidade de Valladolid, cuxa sección deportiva chegaría a competir en 14 das 16 seguintes tempadas na División de Honra, sen éxitos salientables.

Resurrección[editar | editar a fonte]

Luis Labajos de Asua, xogador do equipo en tempos de Bernés, tomou a responsabilidade de resucitar o equipo, partindo de novo dende as categorías inferiores cos alumnos do colexio, e formando posteriormente un equipo sénior que tivo que medrar dende a liga rexional. A volta á elite do rugby nacional foi un camiño lento. En 1978 o equipo acadou o ascenso á categoría de prata, que por aquel entón era a Primeira Nacional. Durante 8 tempadas o Club de Rugby El Salvador competiu nesa categoría acadando bos resultados, e rematando case sempre entre os 3 primeiros clasificados do seu grupo. Foi durante eses anos cando se fixeron os campos de Pepe Rojo, que pasarían a ser o novo fogar do equipo.

O agardado ascenso chegou en 1986, e xa na tempada 1987/88 amosou a súa recuperación total acadando o 3º posto definitivo na táboa. Despois de obter un 5º posto ó ano seguinte, na tempada 1989/90 o El Salvador colleitou o subcampionato de liga por detrás do Club Deportivo Arquitectura madrileño, que por aqueles anos dominaba a competición xunto á Unió Esportiva Santboiana.

Pero aquilo non era todo. Na tempada 1990/91 o Club de Rugby El Salvador liderou a clasificación da liga de comezo a fin, gañando por vez primeira o torneo de liga, e sen perder ningún encontro. Como campión de liga, o club tivo a honra de representar a España na edición 1991/92 da Copa Ibérica, enfrontándose ó campión portugués, o Sport Lisboa e Benfica, ó que venceu por 13-0, facéndose co seu primeiro título internacional. Na tempada 1992/93 o equipo acadou a súa primeira Copa do Rei, batendo nesta ocasión ó Getxo Rugby Taldea por 13-6. Así pois, trala súa volta á máxima categoría do rugby español, o El Salvador gañou neses tres primeiros anos da década dos noventa as tres competicións oficiais que existían daquela: a División de Honra, a Copa do Rei e a Copa Ibérica.

Dende o profesionalismo[editar | editar a fonte]

O "Pepe Rojo", fogar do El Salvador.

Trala declaración do profesionalismo do rugby, que foi proclamada pola IRB en 1995, os equipos acadaron o dereito de pagarlle ós seus xogadores por xogar. Isto tiña que favorecer ós clubs cunha mellor situación económica e cunha maior implantación social. Malia iso, a primeira tempada do CR El Salvador no marco do novo rugby profesional foi moi mala, e rematou co descenso de categoría, o primeiro que padeceu o club por méritos deportivos na súa historia. Na seguinte tempada, a 1996/97, o club fíxose co primeiro posto na Primeira División Nacional, acadando o ascenso á máxima categoría ó primeiro intento.

Entón, na tempada 1997/98, aquel equipo acadou un fito no rugby español, gañando a liga no seu primeiro ano de volta á División de Honra, axudado pola capacidade anotadora de ensaios de Asís García, que liderou a táboa da competición. Despois deste segundo título de liga para o club, na seguinte tempada o seu palmarés medrou cunha nova Copa Ibérica ó bater ó AEIS Técnico portugués por 29-15, e cunha nova Copa do Rei ó bater ó Real Canoe na final por 27-19.

Nos seguintes anos, movidos polo semiprofesionalismo practicado no club, chegaron ó CR El Salvador varios novos xogadores chegados denda Arxentina, salientando Esteban Roqué. Dous subcampionatos de liga e un subcampionato de copa despois, nas tempadas 2002/03 e 2003/04 o equipo gañou a liga amosando unha gran superioridade. Só era o comezo dunha década, a primeira do século XX, que sería a máis importante da historia desta entidade deportiva. Entre as tempadas 2001/02 e 2009/10 El Salvador acadou 5 campionatos de liga e 4 subcampionatos, así como 3 títulos de copa, converténdose no equipo de rugby de referencia en España.

SIR e Vacceos[editar | editar a fonte]

Filipe VI entregando a Copa do Rei 2016 ó capitán de El Salvador.

En 2009 naceu un proxecto de competición 100% profesional baseado nun sistema de liga pechada composta de franquías. A idea era que as franquías fosen creadas sobre a base dos principais clubs de rugby de España. A Liga Superibérica, coñecida popularmente como SIR, tivo finalmente unha soa edición, nese mesmo ano 2009, e contou con 6 equipos. Un deles foi Vacceos Cavaliers, con sede en Valladolid, que tivo un cadro de xogadores e técnicos que pertencían principalmente ó CR El Salvador. Malia que o equipo acadara o subcampionato de División de Honra na tempada 2008/09, na SIR os Vacceos remataron no 5º posto. A Liga Superibérica non tivo máis edicións.

Débeda económica[editar | editar a fonte]

Nos últimos anos o club chamizo tivo que facer fronte a unha débeda herdada dos anteriores xestores, o cal provocou unha mingua na capacidade competitiva do primeiro equipo, que coincidiu co mellor momento deportivo do seu principal rival na cidade, o VRAC, que aproveitou moi ben o tempo gañando seis ligas entre a tempada 2011/12 e 2017/18. Nese tempo El Salvador conquistou a Liga Nacional de División de Honra e a Copa do Rei no ano 2016 cando non era favorito en ningunha das dúas finais, sendo moi celebrada esa Copa pola presenza do rei Filipe VI nun Estadio José Zorrilla cheo con 26.100 seareiros.

Dirixentes[editar | editar a fonte]

Dende a súa fundación en 1960 o Club de Rugby El Salvador tivo seis presidentes.

Patrocinador principal[editar | editar a fonte]

Dende o seu ascenso á División de Honra en 1986 o Club de Rugby El Salvador leva o nome do seu patrocinador principal pegado ó nome propio por razóns comerciais.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Competicións nacionais[editar | editar a fonte]

Posición do Club de Rugby El Salvador nas competicións nacionais dende 1970
Categoría 2019 18 17 16 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72 71 70
Div.Honra 1 2 1 2 5 2 4 7 3 1 2 1 1 2 2 1 1 2 7 2 5 1 9 6 3 7 6 1 2 5 3 8 3 2 2
Div.HonraB
1ªNacional 1 2 1 6 3 2 3 2 3
Copa 2 2 1 2 1 2 1 1 1 2 1 1 2

A División de Honra comezou a disputarse en 1970. Trala tempada 1972-73, El Salvador deixou a competición ligueira por problemas económicos. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A Primeira División Nacional existe dende a tempada 1972-73. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 é o 3º. A final de copa de 1971 foi a primeira final que disputou El Salvador.

Tempadas completadas na División de Honra

Categoría sénior[editar | editar a fonte]

De seguido figura o palmarés oficial do primeiro equipo sénior masculino do club en competicións oficiais ó longo da súa historia, baixo as varias denominacións coas que ten competido:

Trofeos de liga e copa.

Competicións europeas[editar | editar a fonte]

O Club de Rugby El Salvador é o equipo español cun maior número de participacións nas competicións europeas. Malia todo, nunca participou na máxima competición europea, a Champions Cup, reservada para equipos ingleses, franceses, galeses, escoceses, irlandeses e italianos; nin foi quen de clasificarse nunca para uns cuartos de final das outras competicións continentais secundarias. A primeira das súas participacións foi na tempada 2003/04, na que primeiro disputou a fase previa da European Challenge Cup, sendo eliminado, polo cal disputou a European Shield, na que tampouco tivo éxito.

Competición Títulos 19 18 17 16 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96
H bianca su verde.png Champions -
Competición Títulos 19 18 17 16 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96
Silver Dish.png Challenge 0 g g g p
Competición Títulos 19 18 17 16 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96
Gold Cup icon.svg Shield 0 g g
  • ⅛ = Oitavofinalista; g = Caeu na fase de grupos; p = Caeu nunha fase previa á competición.

Tempada actual[editar | editar a fonte]

POSTO EQUIPO PUNTOS XOG GAÑ EMP PER
1º. SEMIFINAIS 600px horizontal pentasection Black White.svg El Salvador 92 22 18 2 2
2º. SEMIFINAIS Blu Marine.svg VRAC 89 22 18 1 3
3º. CUARTOS FINAL 600px Bordeaux.png Alcobendas 78 22 16 1 5
4º. CUARTOS FINAL 600px Horizontal White Red HEX-FF0000.svg Ordizia 63 22 12 2 8
5º. CUARTOS FINAL 600px Nero e Giallo strisce orizzontali.svg Aparejadores 59 22 11 0 11
6º. CUARTOS FINAL 600px horizontal Blue HEX-026CE4 Red HEX-FF2832.svg Barcelona 57 22 11 1 10
7º. PERMANENCIA 600px solid HEX-2385C6.svg Santboiana 57 22 10 1 11
8º. PERMANENCIA 600px Verde giada e Bianco (strisce orizzontali).svg Independiente 43 22 7 1 14
9º. PERMANENCIA 600px horizontal Red HEX-FF0000 Green HEX-15A36F White.svg Hernani 41 22 7 0 15
10º. PERMANENCIA 600px Celeste e Blu (strisce orizzontali).png Cisneros 39 22 5 1 16
11º. PROMOCIÓN 600px Horizontal White Blue HEX-0434B1.svg La Vila 38 22 6 0 16
12º. DESCENSO 600px Nero e Verde (Strisce Orizzontali).svg Gernika 36 22 5 2 15

Eliminatorias[editar a fonte]

Cuartos de final Semifinais Final
 5 de maio, Altamira (Ordizia)    11 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)      25 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)
 [1º] - 600px horizontal pentasection Black White.svg El Salvador  39
 [4º] - 600px Horizontal White Red HEX-FF0000.svg Ordizia  38
 [4º] - 600px Horizontal White Red HEX-FF0000.svg Ordizia  26  
 [5º] - 600px Nero e Giallo strisce orizzontali.svg Aparejadores  31  
 12 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)  [1º] - 600px horizontal pentasection Black White.svg El Salvador  27
 5 de maio, Las Terrazas (Alcobendas)
   [2º] - Blu Marine.svg VRAC  39
 [3º] - 600px Bordeaux.png Alcobendas  34
 [3º] - 600px Bordeaux.png Alcobendas  12  
 [6º] - 600px horizontal Blue HEX-026CE4 Red HEX-FF2832.svg Barcelona  20  
 [2º] - Blu Marine.svg VRAC  33  

Xogadores[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa os xogadores que formaron parte do primeiro equipo do El Salvador na tempada 2016-17.[1]

Xogadores do CR El Salvador.
Club de Rugby El Salvador
Xogadores do primeiro equipo Corpo técnico
  • España Manuel Serrano — 1ªL
  • España Marcial Castro — 1ªL
  • Flag of Argentina.svg Andrés Alvarado — 1ªL
  • España Mario Fraile — 1ªL
  • España Alfonso Martínez — 1ªL
  • España Javier Miranda — 1ªL
  • Flag of Argentina.svg Leandro Wozniak — 1ªL
  • España Maximiliano Vega — Tal
  • España Daniel Marrón — Tal
  • España Alejandro Olmedo — Tal
  • España Fernando Glez. Altes — 2ªL
  • España Álvaro Torres — 2ªL
  • Inglaterra Michael Walker-Fitton — 2ªL
  • España Víctor Sánchez — 2ªL
  • Inglaterra Matthew Foulds — 2ªL
  • España Ángel de Hoyos — 3ªL
  • España Alejandro Ángel — 3ªL
  • España Gerardo de la Llana — 3ªL
  • España Álvaro Núñez — 3ªL
  • España Gonzalo Núñez — 3ªL
  • Flag of Samoa.svg Joe Samuelu — 3ªL
  • España Pablo Reneses — 3ªL
  • España Guillermo Villagrá — 3ªL
  • España Pelayo Ramos — Med
  • España Juan Ramos — Med
  • España Álvaro Gorostiza — Med
  • Flag of South Africa.svg Johannes Graaff — Ape
  • España Jaime Mata — Ape
  • España Jorge Medina — Ape
  • España Antoine Sánchez — Cen
  • España Óscar Casado — Cen
  • España Víctor de la Llana — Cen
  • Inglaterra Johny Carter — Cen
  • Francia Jean Ives Zevango — Á
  • Flag of New Zealand.svg Jaike Carter — Á
  • España Pedro Rodríguez — Á
  • Flag of New Zealand.svg Chris Talonoa — Zag
  • España Alberto Díaz — Zag
  • Inglaterra Tom Pearce — Zag
  • España Alejandro Sánchez — Zag
Adestrador
  • Juan Carlos Pérez

Lenda:
  • 1ªL - Primeira liña
    Tal - Talonador
    2ªL - Segunda liña
    3ªL - Terceira liña
    Med - Medio de melé
    Ape - Apertura
    Á - Á
    Cen - Centro
    Zag - Zagueiro

Data: 21 de marzo de 2017
Fontes: Xogadores do CR El Salvador

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]