Saltar ao contido

Bera Bera Rugby Taldea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pegamo Bera Bera
NomeBera Bera Rugby Taldea
Fundación1986
SedeDonostia, Guipúscoa (Euskadi)
Estadio(s)Miniestadio de Anoeta
Donostia, Euskadi
Liga(s)División de Honra B
2011-12
Casa
Na rede
http://www.berabera.com

O Bera Bera Rugby Taldea é un club polideportivo da cidade de Donostia. Posúe diferentes seccións, entre as que destacan as de rugby e a de balonmán feminino, nas que o club se encontra na elite das ligas de España.

O Bera Bera R.T. xorde en 1986 como unha escisión de parte da sección de rugby do Club Atlético San Sebastián. O seu nome orixinal foi Atlético Bera Bera Rugby Taldea. O nome Bera Bera é o do paseo do barrio de Aiete de Donostia onde se atopa o campo de rugby do Atlético San Sebastián e procede á súa vez dun casarío da zona. Orixinalmente o Bera Bera foi unicamente un club de rugby, e así permaneceu durante case unha década.

O crecemento do Bera Bera ata a súa conversión nun club polideportivo produciuse mediante a absorción de seccións deportivas doutros clubs de Donostia. En 1995 creouse unha sección de baloncesto feminino ao unirse ao Bera Bera xogadoras que procedían do Groseko, un equipo do barrio de Gros de Donostia. En 1998 fórmase á súa vez a sección de balonmán feminino coas compoñentes do ex Corte Blanco Bidebieta de San Sebastián. No ano 2000 creouse unha sección de cicloturismo con socios do club que deixaran de estar en activo. En 2002 créase a sección mixta de karate con xente do Club Kikutxi, en 2004 a de surf mixto e en 2005 a de deporte adaptado (baloncesto en cadeira de rodas principalmente).

Dende 1999 o club ten outorgada por concurso do concello a xestión do Polideportivo Municipal de Manteo, no barrio de Gros. Aquí se encontra a sede do club e é unha importante fonte de ingresos do mesmo.

A sección de rugby é a que deu orixe ao club e xoga na máxima categoría do rugby español, a División de Honra. No seu palmarés destaca un único título da Copa do Rei de Rugby, obtido en 2004. Na tempada 2008-09 da División de Honra obtivo un 7º posto na liga de División Honra, tendo coqueteado ata a última xornada co descenso. Actualmente recibe o nome de Pégamo Bera Bera, debido ao seu patrocinador, unha empresa de carretillas elevadoras. Adoita xogar os seus partidos no Miniestadio de Anoeta de San Sebastián. A súa participación na Liga Superibérica durante a tempada 2009-10 encadrou a este equipo como cabeza da franquía vasca, Basque Korsarioak, que aglutinaba á meirande parte dos clubs vascos. Esta competición só tivo unha edición.

Na tempada 2010-11 o equipo rematou 9º na clasificación final da liga, o cal supuxo o descenso do club a División de Honra B despois de 8 tempadas seguidas na máxima categoría do rugby nacional.

Posicións do Bera Bera en competicións nacionais dende a súa fundación
Categoría 2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87
Div.Honra 9 9 6 7 5 4 3 5 10 11 9 8
Div.Honra B 2 2 4 10 7
1ª Nacional 1 3 1 1 2
Copa 1

A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.

Tempada actual

[editar | editar a fonte]
POSTO EQUIPO PUNTOS XOG GAÑ EMP PER
1º. CUARTOS DE FINAL Galicia Ourense 5 1 1 0 0
2º. CUARTOS DE FINAL Eibar 5 1 1 0 0
3º. PERMANENCIA Getxo 4 1 1 0 0
4º. PERMANENCIA Uribealdea 4 1 1 0 0
5º. PERMANENCIA Galicia CRAT 4 1 1 0 0
6º. PERMANENCIA Castela e León VRAC B 0 0 0 0 0
7º. PERMANENCIA Castela e León El Salvador B 0 0 0 0 0
8º. PERMANENCIA Bera Bera 0 1 0 0 1
9º. PERMANENCIA Zarautz 0 1 0 0 1
10º. PERMANENCIA Cantabria Santander 0 1 0 0 1
11º. PROMOCIÓN Durango 0 1 0 0 1
12º. DESCENSO Galicia Vigo 0 1 0 0 1

Balonmán feminino

[editar | editar a fonte]

A sección de balonmán feminino do club é a de máis éxito do club. Dende 1999 coñécese como Akaba Bera Bera, debido ao seu patrocinador, un fabricante de mobles.

O Akaba Bera Bera é a prolongación do antigo Corteblanco Bidebieta. Este equipo, que xurdiu no barrio donostiarra de Bidebieta, ascendeu en 1989 á División de Honra da Liga española de balonmán feminino xogando dende aquela sempre na elite do balonmán feminino español. Tamén estivo presente en case tódalas edicións da Copa da Raíña. En 1998 o Corteblanco Bidebieta integrouse na estrutura do Bera Bera Rugby Taldea para facer fronte á súa delicada situación económica, trocando o seu nome.

No palmarés do Akaba Bera Bera destacan os títulos da Copa da Raíña de balonmán obtidos en 2007 e 2009. Na Liga española de balonmán feminino foi 4º en 2004 e 2002 e 5º en 2007, 2006 e 2003, clasificándose en varias ocasións para disputar competicións europeas.

Ligazóns

[editar | editar a fonte]

Vér tamén

[editar | editar a fonte]