División de Honra de Rugby 1969-1970

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
División de Honra
Fundación1953
RexiónEspaña España
Equipos6
Actual campión-
OrganizadorFederación Española de Rugby
Sitio webwww.ferugby.es

A tempada 1969-1970 da Liga Nacional de rugby foi a terceira edición da máxima categoría do rugby en España, que non se disputaba dende o ano 1954. A liga contou con 6 equipos que previamente tiveron que clasificarse para o torneo. O calendario da competición estivo formado por 10 xornadas. Nel enfrontáronse entre si tódolos equipos a dúas voltas. O campionato rematou o 12 de abril de 1970 cunha xornada na que tódolos encontros se xogaron no Estadio Central de Madrid, e o campión resultante foi o Club Atlético San Sebastián por vez primeira na súa historia.

Sistema de puntuación[editar | editar a fonte]

O sistema de puntuación foi o seguinte:

  • 2 puntos por vitoria.
  • 1 punto por empate.
  • 0 puntos por derrota.
  • 1 punto por encontro xogado.

Clasificación[editar | editar a fonte]

España División de Honra — Tempada 1969/70
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC
1 Flag of the Basque Country.svg At.San Sebastián 26 10 8 0 2 147 56
2 Cataluña FC Barcelona 24 10 7 0 3 126 95
3 Comunidade de Madrid Canoe NC 23 10 6 1 3 87 79
4 Comunidade de Madrid CAU Madrid 19 10 4 1 5 87 116
5 Comunidade de Madrid CR Cisneros 16 10 3 0 7 68 120
6 Cataluña CEU Barcelona 12 10 1 0 9 60 97

<<<< 1953/54 — Tempadas — 1970/71 >>>>


En azul      o campión de liga (1º).
Non houbo descensos.

  • O Club Atlético San Sebastián conseguiu o campionato nacional de liga, con 26 puntos en 10 xornadas. Foi o 1º título de liga para o club vasco.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]