División de Honra B de Rugby 1998-1999

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

En 1998 a Federación Española de Rugby creou o Campionato de Liga Nacional Primeira Especial, unha nova categoría inserida entre a División de Honra e a Primeira División Nacional, que eran dende os anos 70 as dúas máximas categorías do rugby nacional. Este novo torneo pasou a ser denominado División de Honra B trala súa primeira edición, ocupando o segundo chanzo nas ligas nacionais de rugby en España, e desprazando á Primeira Nacional ó terceiro nivel.

Formato de competición[editar | editar a fonte]

Nesta primeira edición o torneo contou con oito equipos participantes. Dous deles eran o Arquitectura e o Cisneros, descendidos na tempada anterior da División de Honra. Os outros seis equipos saían da última fase de ascenso á División de Honra. Eran o CRAT, o L'Hospitalet, o La Moraleja, o CAU Valencia, o Bera Bera e o Ordizia.

O formato do torneo contou con dúas fases:

  • A primeira fase foi a de liga regular. Nela cada equipo disputou 14 encontros, dous contra cada rival, un como local e outro como visitante. Cada encontro gañado concedía dous puntos para a clasificación, e cada empate concedía un punto.
  • A segunda fase foi a de eliminatorias, polo ascenso e polo descenso. Os catro primeiros equipos da clasificación quedaron emparellados nunhas semifinais a dobre encontro, do mesmo xeito que os catro últimos. Tralas semifinais, os gañadores se enfrontaron entre sí, do mesmo xeito que os perdedores, quedando definidas as posicións finais da competición.

O campión do torneo acadou o ascenso á División de Honra 1999-2000, mentres que os dous últimos perderon a categoría.

Fase de liga regular[editar | editar a fonte]

Táboa
Posto Equipo Puntos PX PG PE PP PF PC
1º. Comunidade de Madrid C.R. La Moraleja 26 14 13 0 1 551 149
2º. Comunidade de Madrid C.D. Arquitectura 22 14 11 0 3 533 214
3º. Comunidade de Madrid C.R. Cisneros 18 14 9 0 5 504 314
4º. Cataluña R.C. L'Hospitalet 14 14 7 0 7 304 374
5º. Flag of the Valencian Community (2x3).svg C.A.U. Valencia 14 14 7 0 7 298 328
6º. Galicia C.R.A.T. 12 14 6 0 8 299 363
7º. Flag of the Basque Country.svg Ordizia R.E. 4 14 2 0 12 185 496
8º. Flag of the Basque Country.svg Bera Bera R.T. 2 14 1 0 13 109 545

Fase final[editar | editar a fonte]

Eliminatorias polo ascenso[editar | editar a fonte]

  Semifinais Final polo ascenso
 
 C.R. La Moraleja  31  71  
 R.C. L'Hospitalet  0  6  
 
 
     C.R. La Moraleja  11  21
   C.D. Arquitectura  22  16
3º e 4º posto
   
 C.D. Arquitectura  13  35  R.C. L'Hospitalet  25
 C.R. Cisneros  8  21    C.R. Cisneros  34

Equipo campión e ascendido á División de Honra: Club Deportivo Arquitectura

Eliminatorias pola permanencia[editar | editar a fonte]

  Semifinais 7º e 8º posto
 
 C.R.A.T.  9  36  
 Ordizia R.E.  16  12  
 
 
     Bera Bera R.T.  20  15
   Ordizia R.E.  10  17
5º e 6º posto
   
 C.A.U. Valencia  35  63  C.R.A.T.  15
 Bera Bera R.T.  7  14    C.A.U. Valencia  44

Equipos descendidos á Primeira Nacional: Bera Bera Rugby Taldea e Ordizia Rugby Elkartea

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]