Saltar ao contido

Campos de Pepe Rojo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campos de Pepe Rojo e Ricardo Sánchez
Valladolid Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Tipo superficie
Deporte
 Deporte
Implicados
 Propietario/a
 Ocupante
Datas
 Fundación / creación
1981 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
1981 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Capacidade
   5.000 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Enderezo
Carr. de Renedo km 3+700, E-47011 Valladolid Editar o valor en Wikidata
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap2635624 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0cmctnx Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Os Campos de Pepe Rojo e Ricardo Sánchez son unhas instalacións deportivas do concello de Valladolid, compostas originalmente por dous campos de rugby, que hoxe son catro. Estas instalacións forman parte do Complexo Deportivo Cidade de Valladolid, xestionado pola Fundación Municipal de Deportes, que se atopa na estrada de Renedo, km 3'7.

No campo principal, con capacidade para acoller a 5000 seareiros sentados, xogan os seus encontros como locais os importantes equipos Club de Rugby El Salvador e Valladolid Rugby Asociación Club, varias veces campións da División de Honra de Rugby e da Copa do Rei de Rugby.

As instalacións reciben o nome do que foi presidente da Federación de Rugby de Valladolid nos anos 60, José Rojo Giralda, e do primeiro presidente da Federación de Rugby de Castela e León nos anos 80, Ricardo Sánchez Rodríguez, malia que a maioría dos afeccionados empregan sinxelamente o nome "Pepe Rojo".[1] Pepe Rojo e Ricardo Sánchez están considerados os persoeiros que máis loitaron no seu día para que a cidade de Valladolid contase cunhas instalacións adicadas ó rugby.

Os campos foron inaugurados oficialmente o 21 de maio de 1983 cun encontro entre a selección de rugby de Castela e León e a de Gales que rematou cun resultado de 3-83 no marcador.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

No campo número 1 a tribuna principal, a máis antiga, ten capacidade para 1200 seareiros sentados, e ten unha cuberta tensoestática de 80x10 metros. No lateral contrario hai outra tribuna, ampliada en 2016, que non ten tellado, e tamén está a cabina de prensa. Nun dos fondos hai unha bancada de nova construción, froito da ampliación de 2016, cunhas 300 localidades de asento. No outro fondo está a entrada ó recinto, e un edificio dotado cun bar, os vestiarios e almacéns. É o único lado sen bancadas. O terreo de xogo ten unhas dimensións de 128x69 metros.

O campo número 2 está situado en paralelo ó campo número 1, trala tribuna principal, que comparten. O campo número 3 tamén está situado en paralelo, trala outra tribuna, e ten pistas de atletismo. Os terreos de xogo dos campos 2 e 3 teñen unhas dimensións de 120x70 metros. Hai un campo número 4 de 60x47 metros apto para adestramentos pero non para encontros.

  1. ↑ El cura francés que sembró el rugby Arquivado 02 de febreiro de 2017 en Wayback Machine., artigo de Diario de Valladolid. (en castelán)
  2. ↑ Un proyecto soñado Arquivado 02 de febreiro de 2017 en Wayback Machine., artigo no número 1 da revista oficial do CR El Salvador "Rugby en Blanco y Negro". (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]