Gernika Rugby Taldea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gernika R.T.
Nome completo Gernika Rugby Taldea
Alcume(s) Basurde (en éuscaro xabarín)
Fundación 1973
Localización Gernika-Lumo, Euskadi Flag of the Basque Country.svg
Estadio(s) Estadio de Urbieta
Capacidade -
Presidente José Alberto Pradera
Adestrador Nicolás Martínez
Capitán Jon Magunazelaya
Máx. Anotador
Máis ensaios
Liga División de Honra
Tempada 2012-13
Posición 3º e cuartofinalista
Páxina web oficial
Na súa casa


O Gernika Rugby Taldea (en castelán, Club de Rugby Gernika) é un club de rugby da vila de Gernika-Lumo, en Biscaia, Euskadi. Xoga na División de Honra, a máxima categoría do rugby español.

O campo no que xoga como local é Urbieta. As súas cores distintivas son o verde e o negro.

Historia[editar | editar a fonte]

O Gernika Rugby Taldea, foi fundado o 18 de maio de 1973 por uns entusiastas do rugby desta vila biscaíña, sendo, así mesmo, o primeiro equipo que xurdiu en Biscaia fora de Bilbao.

En 1977, o equipo ascendeu de categoría. En 1981, volve ascender, desta vez á Primera División Nacional (a actual División de Honra B).

O 14 de Maio de 1983 Gernika-Lumo acolleu o debut da selección de rugby de Euskadi, nun ateigado Campo de Santa Lucía, onde Gales B gañou por 3-24.

Na década dos '80, o club experimenta un grande crecemento que lle fai afianzarse na segunda categoría. Na tempada 1983-84 gaña o título de Campión da Liga de Primeira División - Grupo Norte, disputando sen éxito os playoffs de ascenso contra os outros clubs campións: CDU Valladolid, CR Cisneros e Club Natació Barcelona.

A principios dos '90 acada dous grandes logros para a historia do rugby en Biscaia: o campionato de Primeira División Nacional, e o ascenso directo á máxima categoría do rugby, a División de Honra, en 1990; e a participación, por primeira vez na súa historia na final da Copa do Rei en 1991, na que se enfrontou ao Getxo Rugby Taldea, e que perdeu por 32-15. Estes éxitos víronse empañados polo descenso de categoría, en 1993.

Na primeira década do século XXI, na tempada 2005-06, o Gernika R.T. volve ascender e consegue afianzarse na segunda categoría, a División de Honra B. Destaca de xeito especial dende esa tempada, pois sempre acada praza entre os catro primeiros do seu grupo. Ademais, nas tempadas 2007-08 e a 2008-09 consegue clasificarse para xogar os playoffs de ascenso á máxima categoría, á vez que se proclama Campión da División de Honra B e acada o ascenso directo á máxima categoría do rugby, a División de Honra. Destaca o feito, nesta última campaña, que contou tódolos partidos por vitórias, e logra por segunda vez na súa historia o ascenso á División de Honra, vencendo por 37-10 ao Atlético Portuense o 26 de abril de 2009.

Dende os seus primeiros anos, este club se comprometeu na formación e promoción do rugby no municipio e nas localidades do seu contorno. Formouse un segundo equipo sénior e outros de categorías inferiores, que xogan nas ligas territoriais vascas. Esta vocación viuse recompensada coa consecución de varios títulos en todas as categorías do rugby vasco dende a súa fundación ata a actualidade.

Na tempada 2010-11, o equipo acadou a súa mellor participación na liga, rematando na 4ª posición da clasificación final.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Posicións do club en competicións nacionais dende a súa fundación
Categoría 2013 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73
Div.Honra 3 6 4 8 12 8 7 x
Div.HonraB 1 2 4 3
1ªNacional 1 3 5 5 4 7 4 4 6 3 9 1 3 3 5 5 4 1 2 5 5 4 8
Copa 2

A Primeira Nacional existe dende a tempada 1972-1973. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Antes de crearse a División de Honra B, a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.

Tempada actual[editar | editar a fonte]

POSTO EQUIPO PUNTOS XOG GAÑ EMP PER
1º. SEMIFINAIS 600px horizontal pentasection Black White.svg El Salvador 92 22 18 2 2
2º. SEMIFINAIS Blu Marine.svg VRAC 89 22 18 1 3
3º. CUARTOS FINAL 600px Bordeaux.png Alcobendas 78 22 16 1 5
4º. CUARTOS FINAL 600px Horizontal White Red HEX-FF0000.svg Ordizia 63 22 12 2 8
5º. CUARTOS FINAL 600px Nero e Giallo strisce orizzontali.svg Aparejadores 59 22 11 0 11
6º. CUARTOS FINAL 600px horizontal Blue HEX-026CE4 Red HEX-FF2832.svg Barcelona 57 22 11 1 10
7º. PERMANENCIA 600px solid HEX-2385C6.svg Santboiana 57 22 10 1 11
8º. PERMANENCIA 600px Verde giada e Bianco (strisce orizzontali).svg Independiente 43 22 7 1 14
9º. PERMANENCIA 600px horizontal Red HEX-FF0000 Green HEX-15A36F White.svg Hernani 41 22 7 0 15
10º. PERMANENCIA 600px Celeste e Blu (strisce orizzontali).png Cisneros 39 22 5 1 16
11º. PROMOCIÓN 600px Horizontal White Blue HEX-0434B1.svg La Vila 38 22 6 0 16
12º. DESCENSO 600px Nero e Verde (Strisce Orizzontali).svg Gernika 36 22 5 2 15

Eliminatorias[editar a fonte]

Cuartos de final Semifinais Final
 5 de maio, Altamira (Ordizia)    11 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)      25 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)
 [1º] - 600px horizontal pentasection Black White.svg El Salvador  39
 [4º] - 600px Horizontal White Red HEX-FF0000.svg Ordizia  38
 [4º] - 600px Horizontal White Red HEX-FF0000.svg Ordizia  26  
 [5º] - 600px Nero e Giallo strisce orizzontali.svg Aparejadores  31  
 12 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)  [1º] - 600px horizontal pentasection Black White.svg El Salvador  27
 5 de maio, Las Terrazas (Alcobendas)
   [2º] - Blu Marine.svg VRAC  39
 [3º] - 600px Bordeaux.png Alcobendas  34
 [3º] - 600px Bordeaux.png Alcobendas  12  
 [6º] - 600px horizontal Blue HEX-026CE4 Red HEX-FF2832.svg Barcelona  20  
 [2º] - Blu Marine.svg VRAC  33  

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]