Olímpico Rugby Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Olímpico RC
Nome completo Olímpico Rugby Club
Alcume(s)
Fundación 1963
Localización Pozuelo de Alarcón Comunidade de Madrid
Estadio(s) Valle de las Cañas
Capacidade 735 asentos
Presidente Ignacio del Olmo
Adestrador
Capitán
Máx. Anotador
Máis ensaios
Liga División de Honra B
Tempada 2014-15
Posición
Páxina web oficial
Na súa casa
Fóra

O Olímpico Rugby Club é unha entidade deportiva adicada ó rugby con sede en Pozuelo de Alarcón (Comunidade de Madrid). O equipo masculino compite na División de Honra B e o equipo feminino é o vixente campión da División de Honra.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en Madrid na tempada 1963/64, sendo bautizado como "Olímpico 64" por mor dos Xogos Olímpicos dese ano. En 1974 o Olímpico deixou Madrid por Leganés, e mudou de fogar novamente en 1976 para establecerse definitivamente en Pozuelo de Alarcón. Na tempada 1976/77 participou por primeira vez na máxima categoría do rugby español. En total foron seis tempadas na División de Honra, con varios ascensos e descensos de categoría ate a última presenza do equipo na elite do rugby nacional na tempada 1990/91. O éxito máis salientable do Olímpico durante eses anos foi a vitoria na final da Copa do Rei na tempada 1986-87.

O equipo feminino foi subcampión da Copa da Raíña tres anos seguidos entre 2005 e 2007. Despois dun novo subcampionato de liga na tempada 2012/13, o Olímpico acadou por fin o campionato da División de Honra feminina en 2013/14 derrotando na final ó CRAT de A Coruña. A mesma final disputada en 2017 rematou co segundo título de liga para o conxunto de Pozuelo.

Tempada actual[editar | editar a fonte]

POSTO EQUIPO PUNTOS XOG GAÑ EMP PER
1º. CUARTOS DE FINAL Andalucía Ciencias 5 1 1 0 0
2º. CUARTOS DE FINAL Comunidade de Madrid Industriales 5 1 1 0 0
3º. CUARTOS DE FINAL Comunidade de Madrid Liceo Francés 5 1 1 0 0
4º. PERMANENCIA Comunidade de Madrid Arquitectura 5 1 1 0 0
5º. PERMANENCIA Andalucía Jaén 5 1 1 0 0
6º. PERMANENCIA Andalucía Marbella 5 1 1 0 0
7º. PERMANENCIA Comunidade de Madrid Cisneros B 1 1 0 0 1
8º. PERMANENCIA Andalucía Almería 0 1 0 0 1
9º. PERMANENCIA Comunidade de Madrid Alcobendas B 0 1 0 0 1
10º. PERMANENCIA Comunidade de Madrid Olímpico 0 1 0 0 1
11º. PROMOCIÓN Comunidade de Madrid CRC 0 1 0 0 1
12º. DESCENSO Estremadura Cáceres 0 1 0 0 1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]