Club Alcobendas Rugby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Club Alcobendas Rugby
Nome completo Club Alcobendas Rugby
Alcume(s)
Fundación 1972, refundado en 2003
Localización Alcobendas, España
Estadio(s) Las Terrazas
Capacidade 200 persoas sentadas
Presidente Nicolás Orozco
Adestrador Tiki Inchausti
Capitán Ati Fernández
Máx. Anotador
Máis ensaios
Liga División de Honra B
Tempada 2014-15
Posición Ascenso á División de Honra
Páxina web oficial
Na súa casa
Fóra

O Club Alcobendas Rugby é unha entidade deportiva adicada ó deporte do rugby, fundado en 2003 na cidade de Alcobendas, e que compite na Liga Española de rugby.

Historia[editar | editar a fonte]

O club ten as súas orixes no Teca Rugby Club, nacido en 1972, e que foi renomeado como Alcobendas Rugby Club en 1990 cando o Teca se fusiona co Club España Urogallos que fora fundado en 1979. O club foi renomeado de novo como La Moraleja-Alcobendas Rugby Union en 1999 cando o Alcobendas RC se fusionou co seu tradicional rival, o La Moraleja RC, nacido como Club Deportivo Acantos en 1990. En 2003 o La Moraleja-Alcobendas Rugby Union quebrou economicamente, e uns seguidores decidiron fundar o actual club co nome de Club Alcobendas Rugby, e mercar os dereitos deportivos do equipo finado, dándolle así continuidade de facto á anterior estrutura.

O éxito deportivo mais salientable do Club Alcobendas Rugby foi o título nacional de Liga que conquistou na tempada 2001/02.

Na tempada 2011/12, o equipo mantivo durante todo o ano unha loita co Vigo Rugby Club por evitar o descenso. Ó final o club madrileño rematou 10º e último da máxima categoría do rugby español, tendo que xogar unha eliminatoria pola permanencia fronte ó Hernani CRE, na que caeu por 1 punto na casa e por 2 como visitante, perdendo a categoría, polo que disputará a División de Honra B na tempada 2012/13.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Posicións do clube en competicións nacionais dende a súa fundación
Categoría 2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73
Div.Honra 10 8 9 9 8 7 2 1 5 12 x x
Div.HonraB 1 2 1 1
1ªNacional 1 4 5 3 2 4 4 3 9 7 3 2 2 2 3
Copa 2

A Primeira Nacional existe dende a tempada 1972-1973. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Antes de crearse a División de Honra B, a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.

Tempada actual[editar | editar a fonte]

Posto Equipo Puntos PX PG PE PP PF PC BO BD
1º. Castela e León V.R.A.C. 53 12 11 0 1 437 192 9 0
2º. Castela e León C.R. El Salvador 49 14 10 1 3 475 296 6 1
3º. Comunidade de Madrid C.R. Cisneros 48 14 10 0 4 380 298 7 1
4º. Cataluña U.E. Santboiana 47 14 9 0 5 490 295 8 3
5º. Comunidade de Madrid C. Alcobendas R. 44 14 9 0 5 394 328 7 1
6º. Cantabria Independiente R.C. 42 13 8 1 4 382 305 7 1
7º. Flag of the Basque Country.svg Ordizia R.E. 32 14 5 0 9 361 392 6 6
8º. Flag of the Basque Country.svg Getxo R.T. 31 14 6 0 8 328 427 5 2
9º. Cataluña F.C. Barcelona 24 13 4 2 7 273 378 2 2
10º. Flag of the Basque Country.svg Hernani C.R.E. 20 14 4 0 10 218 481 3 1
11º. Flag of the Basque Country.svg Gernika R.T. 19 14 3 0 11 315 424 2 5
12º. Comunidade de Madrid C.R.C. Pozuelo 10 14 1 0 13 233 460 2 4

     Posicións que clasifican para semifinais (1º e 2º).
     Posicións que clasifican para cuartos de final (3º, 4º, 5º e 6º).
     Posición de promoción de permanencia (11º).
     Posición de descenso directo (12º).

PX - Partidos xogados
PG - Partidos gañados
PE - Partidos empatados
PP - Partidos perdidos

PF - Puntos a favor
PC - Puntos en contra
BO - Bonus ofensivos
BD - Bonus defensivos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros Artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Club Alcobendas Rugby