División de Honra de Rugby 2011-2012

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
División de Honra de Rugby
Fundación 1953
Rexión España España
Equipos 10
Actual campión Club de Rugby La Vila (2010-11)
Organizador Federación Española de Rugby
Sitio web www.ferugby.com

A tempada 2011-2012 da Liga Española de rugby (División de Honra de Rugby) foi a edición número 45 da máxima categoría do rugby en España. A fase regular estivo composta por 18 xornadas nas que os 10 equipos enfrontáronse todos entre si dúas veces, unha como local e outra como visitante. Nesta tempada, o campión da liga decidiuse por vez primeira polo sistema dos play offs, como se facía en tódalas grandes ligas de rugby do mundo. Así pois, os 6 equipos que remataron a tempada regular nos primeiros postos da táboa, enfrontáronse entre si nas eliminatorias polo título de liga 2011-2012. Os 2 primeiros acadaron o pase directo para xogar as semifinais, e os equipos que rematen 3º, 4º, 5º e 6º tiveron que disputar entre si dúas eliminatorias de cuartos de final.

Esta edición da liga española de rugby foi a derradeira con 10 equipos. O equipo que rematou na última posición tivo que disputar unha eliminatoria pola permanencia co 3º clasificado da División de Honra B.

O Club de Rugby La Vila era o encargado de defende-lo título acadado na tempada 2010-11. Os últimos equipos ascendidos á categoría eran o campión de 1993, Getxo Rugby Taldea, e por vez primeira un equipo galego, o Vigo Rugby Club; que ocuparon as prazas dos descendidos CAU Valencia e Bera Bera RT.

Equipos[editar | editar a fonte]

C Alcobendas R
Alcobendas
Las Terrazas
Tempadas:10ª. Títulos:1.


CR Ciencias
Sevilla
La Cartuja
Tempadas:25ª. Títulos:2.


CR El Salvador
Valladolid
Pepe Rojo
Tempadas:28ª. Títulos:7.


Gernika RT
Gernika
Urbieta
Tempadas:7ª. Títulos:0.


Getxo RT
Getxo
Fadura
Tempadas:28ª. Títulos:1.


CR La Vila
La Vila Joiosa
El Pantano
Tempadas:4ª. Títulos:1.


Ordizia RE
Ordizia
Fernando Trevijano
Tempadas:7ª. Títulos:0.


UE Santboiana
Sant Boi de Ll.
Baldiri Aleu
Tempadas:43ª. Títulos:7.


Valladolid RAC
Valladolid
Pepe Rojo
Tempadas:21ª. Títulos:2.


Vigo RC
Vigo
Lagoas-Marcosende
Tempadas:1ª. Títulos:0.


Táboa[editar a fonte]

Posto Equipo Puntos PX PG PE PP PF PC BO BD
1º. Castela e León V.R.A.C. 71 18 15 0 3 589 215 9 2
2º. Flag of the Basque Country.svg Ordizia R.E. 65 18 13 1 4 543 384 8 3
3º. Cataluña U.E. Santboiana 64 18 13 0 5 536 348 10 2
4º. Flag of the Valencian Community (2x3).svg C.R. La Vila 53 18 10 2 6 450 442 8 1
5º. Flag of the Basque Country.svg Gernika R.T. 47 18 9 0 9 431 388 7 4
6º. Flag of the Basque Country.svg Getxo R.T. 47 18 9 2 7 406 409 4 3
7º. Castela e León C.R. El Salvador 45 18 9 0 9 469 472 7 2
8º. Andalucía C.R. Ciencias 31 18 5 0 13 353 503 6 5
9º. Galicia Vigo R.C. 22 18 2 0 16 353 543 7 7
10º. Comunidade de Madrid C. Alcobendas R. 18 18 2 1 15 325 592 5 3

     Posicións que clasifican para semifinais (1º e 2º).
     Posicións que clasifican para cuartos de final (3º, 4º, 5º e 6º).
     Posición de promoción de permanencia (10º).

PX - Partidos xogados
PG - Partidos gañados
PE - Partidos empatados
PP - Partidos perdidos

PF - Puntos a favor
PC - Puntos en contra
BO - Bonus ofensivos
BD - Bonus defensivos

Fonte: www.ferugby.com
Eliminatorias
Final
Competición División de Honra
Tempada 2011-12
Estadio Pepe Rojo (Valladolid)
Capacidade 6.500
Campión VRAC
Finalista Ordizia RE
Resultado 27 - 10
Campión


Finalista


Cuartos de Final Semifinais Final
 29/4/12 - La Vila Joiosa    6/5/12 - Valladolid      18:00h. 12/5/12 - Valladolid
 Valladolid RAC  55
 CR La Vila  14
 Getxo RT  25  
 Getxo RT  18  
 6/5/12 - Ordizia  Valladolid RAC  27
 29/4/12 - Sant Boi de Llobregat
   Ordizia RE  10
 UE Santboiana  3
 Gernika RT  22  
 Gernika RT  33  
 Ordizia RE  38  
Final

Nesta tempada aplicouse por vez primeira o formato de playoffs polo título. Os dous equipos que chegaron á final foron os dous primeiros clasificados da liga regular, VRAC e Ordizia RE, despois de eliminar nas semifinais a Getxo RT e Gernika RT respectivamente.

A final disputouse no campo do VRAC, o estadio Pepe Rojo de Valladolid, por ser, dos dous equipos finalistas, o que rematara por diante na táboa. O VRAC viña de rematar 1º na liga regular, mentres que o Ordizia RE viña de acadar en abril a súa primeira Copa do Rei.

O Ordizia RT adiantouse no taboleiro no minuto 5 cun golpe de castigo anotado polo seu apertura australiano Danny Kroll. O VRAC púxose por diante no minuto 20 grazas ó ensaio acadado en xogada individual polo apertura neocelandés Daniel Waenga, quen non foi capaz de anotar a transformación, deixando o resultado en 5-3 para os queseros. O segundo ensaio do VRAC chegou baixo paus no minuto 29, nunha xogada individual do zagueiro arxentino-galego Ignacio Gutiérrez Müller, que Waenga transformou poñendo o 12-3 co que se chegou ó descanso.

Na segundo metade Ordizia RE acurtou distancias cun ensaio do zagueiro Huxford no minuto 49, que transformou Kroll. Non obstante, a partir dese 12-10, o VRAC demostrou unha superioridade salientable, anotando 3 ensaios nos minutos 55, 63 e 77, deixando o resultado final nun 27-10 que non deixou ningunha dúbida da superioridade do equipo pucelano.

Esta foi a 3ª liga que gañaba o VRAC, tralas de 1999 e 2001.