División de Honra B de Rugby 2010-2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 2010-2011 da División de Honra B de rugby foi a 13ª edición da competición ligueira que ocupa o segundo nivel no sistema do rugby español. Nesta tempada se mantivo o formato de 2 grupos con 8 equipos cada un que xogan entre si todos fronte a todos un total de 14 encontros, 7 como local e 7 como visitante. Ó remate da liga regular, os 2 mellores equipos de cada grupo acadan o dereito a loitar polo ascenso á División de Honra nunha eliminatoria na que se enfrontan o primeiro de cada grupo fronte ó segundo do outro grupo, en dous encontros.

Equipos[editar | editar a fonte]

Os equipos participantes nesta edición 2010-11 da División de Honra B foron:

Grupo 1
Club Cidade Estadio
Galicia Vigo Rugby Club Vigo Campus Lagoas-Marcosende
Hernani CRE Hernani Landare Toki
Getxo RT Getxo Fadura
Asturias Oviedo RC Oviedo Campo del Naranco
Mungia RT Mungía Ardanzas
Durango RT Durango Arripausueta
Cataluña Barcelona Universitari Club Barcelona Ciudad Deportiva Joan Gamper
Cataluña FC Barcelona Barcelona La Foixarda
Grupo 2
Club Cidade Estadio
Andalucía CR Atlético Portuense El Puerto de Santa María C.D Puerto de Santa María
Comunidade de Madrid CR Liceo Francés Madrid Ramón Urtubi
Comunidade de Madrid CRC Madrid Madrid
Les Abelles Valencia Campo del Río Turia
Andalucía Helvetia Rugby Sevilla Estadio de La Cartuja
Comunidade de MadridCD Arquitectura Madrid Central
Illas Baleares RC Ponent Mallorca -
Comunidade de Madrid Complutense Cisneros Madrid Central

Liga Regular[editar | editar a fonte]

A edición 2010-2011 da División de Honra B rematou o 30 de xaneiro de 2011. Despois de 14 xornadas nas que tódolos equipos de cada grupo xogaron entre si dous encontros, os dous grupos quedaron do seguinte xeito:

Ascenso a División de Honra[editar | editar a fonte]

Play Offs polo ascenso
13 de febreiro de 2011 Vigo RC 11 - 6 CRC Madrid en Vigo
13 de febreiro de 2011 Les Abelles RC 15 - 13 Getxo RT en Valencia
 
20 de febreiro]] 2011 CRC Madrid 6 - 6 Vigo RC en Madrid
20 de febreiro de 2011 Getxo RT 43 - 21 Les Abelles RC en Getxo
 

Os dous primeiros equipos de cada grupo clasificáronse para disputar a eliminatoria polo ascenso a División de Honra. Tralos encontros disputados os días 13 e 20 de febreiro, os dous equipos do Grupo 1 venceron as súas eliminatorias, e tanto Getxo RT como Vigo RC acadaron o dereito a ser equipos de División de Honra na tempada 2011-2012.[3]

O ascenso do Vigo Rugby Club á División de Honra é un feito histórico no deporte galego, xa que é a primeira vez que un equipo de Galicia competirá na elite do rugby nacional.

Descenso a Primeira Nacional[editar | editar a fonte]

Os 2 piores equipos, CR Ponent e Uribealdea RT, últimos nos 2 grupos, descenderon directamente a 1ª Nacional. Os seus postos serán ocupados por L`Hospitalet RC e CD Hercesa. Os outros 2 piores equipos, BUC e CD Arquitectura, penúltimos nos 2 grupos, tiveron que enfrontarse nunha eliminatoria a 2 equipos clasificados dende a 1ª Nacional para evita-lo descenso. No caso do CD Arquitectura, foi quen de vencer na eliminatoria fronte a Eibar RT. No caso do BUC, caeu fronte ó Independiente RC, e polo tanto o equipo cántabro substituirá ó catalán na División de Honra B na tempada 2011-2012.[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Clasificación final Div. Honor B Grupo 1". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2011. Consultado o 25 de maio de 2022. 
  2. "Clasificación final Div. Honor B Grupo 2". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2011. Consultado o 25 de maio de 2022. 
  3. 3,0 3,1 "www.ferugby.com". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2011. Consultado o 25 de maio de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]