División de Honra B de Rugby 2008-2009
A tempada 2008-2009 da División de Honra B foi a undécima edición da segunda división da liga de rugby de España, categoría creada en 1998 pola Federación Española de Rugby.
Formato de competición[editar | editar a fonte]
Nesta edición o número de participantes mantívose en dezaseis, e o formato de competición non tivo trocos. O torneo contou con dous grupos de oito equipos cada un. O "Grupo 1" estivo formado por oito equipos da metade norte de España, mentres que o "Grupo 2" estivo formado por oito equipos da metade sur de España e Madrid.
Cada grupo funcionou como unha competición independente cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o dereito a disputar unha fase de ascenso á División de Honra cos dous primeiros equipos do outro grupo na que o campión acadou o ascenso directo e o finalista xogou a promoción contra o penúltimo equipo da máxima categoría. Por outra banda, os dous últimos tiveron unha eliminatoria de promoción pola permanencia entre si e os perdedores outra contra equipos da Primeira Nacional.
A liga regular contou con 14 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival do seu grupo, unha vez como local e outra como visitante, usando o seguinte sistema de puntuación: catro puntos por vitoria, dous por empate, e puntos "bonus" adicionais no caso de anotar catro ensaios ou máis e no caso de perder por sete puntos ou menos.
Fase de liga regular[editar | editar a fonte]
Grupo 1[editar | editar a fonte]
Posto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | PF | PC | B |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | ![]() |
65 | 14 | 14 | 0 | 0 | 616 | 187 | 9 |
2º. | ![]() |
52 | 14 | 10 | 0 | 4 | 380 | 196 | 12 |
3º. | ![]() |
45 | 14 | 10 | 0 | 4 | 306 | 194 | 5 |
4º. | ![]() |
35 | 14 | 7 | 0 | 7 | 342 | 324 | 7 |
5º. | ![]() |
30 | 14 | 6 | 0 | 8 | 260 | 252 | 6 |
6º. | ![]() |
27 | 14 | 5 | 0 | 9 | 316 | 421 | 7 |
7º. | ![]() |
15 | 14 | 2 | 0 | 12 | 221 | 443 | 7 |
8º. | ![]() |
8 | 14 | 2 | 0 | 12 | 158 | 582 | 0 |
Grupo 2[editar | editar a fonte]
Posto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | PF | PC | B |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | ![]() |
53 | 14 | 12 | 0 | 2 | 282 | 198 | 5 |
2º. | ![]() |
51 | 14 | 11 | 1 | 2 | 297 | 142 | 5 |
3º. | ![]() |
34 | 14 | 6 | 0 | 8 | 259 | 261 | 10 |
4º. | ![]() |
32 | 14 | 6 | 0 | 8 | 249 | 281 | 8 |
5º. | ![]() |
31 | 14 | 6 | 1 | 7 | 243 | 264 | 5 |
6º. | ![]() |
30 | 14 | 6 | 0 | 8 | 231 | 254 | 6 |
7º. | ![]() |
22 | 14 | 4 | 0 | 10 | 206 | 283 | 6 |
8º. | ![]() |
18 | 14 | 4 | 0 | 10 | 214 | 298 | 2 |
Posicións de promoción de ascenso (1º e 2º). |
|
Fase de ascenso[editar | editar a fonte]
Semifinais | Final | ||||||
![]() |
14 | 32 | |||||
![]() |
17 | 22 | |||||
![]() |
10 | ||||||
![]() |
37 | ||||||
![]() |
20 | 18 | |||||
![]() |
20 | 13 |
O campión da categoría foi o Gernika Rugby Taldea, que acadou o ascenso directo á División de Honra. O finalista At.Portuense caeu na promoción contra o Les Abelles nos dous encontros de ida (20-24) e volta (8-0), de xeito que o equipo valenciano acadou a permanencia.
CAU Valencia e Málaga acadaron a permanencia batendo nas eliminatorias de promoción ó Belenos e ó CAR Cáceres no caso do CAU Valencia, e ó At.San Sebastián e ó Hercesa no caso do Málaga.