División de Honra B de Rugby 2000-2001
A tempada 2000-2001 da División de Honra B foi a terceira edición da nova segunda división do rugby en España, creada dous anos atrás pola Federación Española de Rugby co nome de "Campionato de Liga Nacional Primeira Especial".
Formato de competición
[editar | editar a fonte]Nesta edición o número de participantes mantívose en dez, e o formato non foi modificado, contando cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o ascenso directo á División de Honra, e os dous últimos o descenso directo a Primeira Nacional.
Os dez equipos participantes foron o Cisneros, CAR, CAU Valencia, CRAT, Montjuic e Valencia participantes na edición anterior; o Arquitectura e CDU Granada descendidos da División de Honra; e o ADUS e Les Abelles ascendidos da Primeira Nacional.
A liga contou con 18 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival, unha vez como local e outra como visitante, sumando dous puntos por vitoria e un por empate.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Posto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | PF | PC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | C.A.U. Valencia | 26 | 18 | 13 | 0 | 5 | 424 | 319 |
2º. | C.R. Cisneros | 24 | 18 | 12 | 0 | 6 | 503 | 362 |
3º. | C.N. Montjuic | 24 | 18 | 12 | 0 | 6 | 470 | 286 |
4º. | C.D.U. Granada | 18 | 18 | 9 | 0 | 9 | 402 | 423 |
5º. | A.D.U.S. | 16 | 18 | 8 | 0 | 10 | 371 | 465 |
6º. | C.R.A.T. | 16 | 18 | 8 | 0 | 10 | 280 | 383 |
7º. | C.D. Arquitectura | 15 | 18 | 7 | 1 | 10 | 425 | 459 |
8º. | R.C. Valencia | 15 | 18 | 7 | 1 | 10 | 400 | 434 |
9º. | C.R. Les Abelles | 13 | 18 | 6 | 1 | 11 | 353 | 399 |
10º. | C.A.R. | 13 | 18 | 6 | 1 | 11 | 343 | 411 |
Posicións de ascenso directo (1º e 2º). |
|
O campión da categoría foi o C.A.U. Valencia.