División de Honra B de Rugby 2006-2007

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A tempada 2006-2007 da División de Honra B foi a novena edición da segunda división da liga de rugby de España, creada en 1998 pola Federación Española de Rugby.

Formato de competición[editar | editar a fonte]

Nesta edición o número de participantes mantívose en dezaseis, e o formato de competición non tivo trocos. O torneo contou con dous grupos de oito equipos cada un. O "Grupo 1" estivo formado por oito equipos da metade norte de España, mentres que o "Grupo 2" estivo formado por oito equipos da metade sur de España, cos equipos de Valencia repartidos entre os dous grupos.

Cada grupo funcionou como unha competición independente cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o dereito a disputar unha fase de ascenso á División de Honra cos dous primeiros equipos do outro grupo. Por outra banda, o peor equipo de cada grupo perdeu a categoría de xeito directo, e o penúltimo tivo que disputar unha eliminatoria de promoción pola permanencia contra equipos da Primeira Nacional.

A liga regular contou con 14 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival do seu grupo, unha vez como local e outra como visitante, usando por vez primeira o novo sistema de puntuación: catro puntos por vitoria, dous por empate, e puntos "bonus" adicionais no caso de anotar catro ensaios ou máis e no caso de perder por sete puntos ou menos.

Fase de liga regular[editar | editar a fonte]

Grupo 1[editar | editar a fonte]

Posto Equipo Puntos PX PG PE PP PF PC B
1º. Comunidade de Madrid C. Alcobendas R. 69 14 14 0 0 634 117 13
2º. Flag of the Basque Country.svg Hernani C.R.E. 48 14 11 0 3 299 219 4
3º. Cataluña R.C. Cornellá 36 14 7 1 6 255 313 6
4º. Flag of the Basque Country.svg Gernika R.T. 35 14 7 0 7 336 260 7
5º. Galicia Vigo R.C. 34 14 6 1 7 303 264 8
6º. Flag of the Basque Country.svg Durango R.T. 30 14 6 0 8 246 271 6
7º. Asturias Oviedo R.C. 16 14 3 0 11 191 454 4
8º. Flag of the Valencian Community (2x3).svg R.C. Valencia 6 14 1 0 13 127 493 2

Grupo 2[editar | editar a fonte]

Posto Equipo Puntos PX PG PE PP PF PC B
1º. Andalucía C.R. Ciencias 58 14 13 0 1 356 180 6
2º. Flag of the Valencian Community (2x3).svg C.R. Les Abelles 46 14 9 0 5 373 256 10
3º. Flag of the Valencian Community (2x3).svg C.A.U. Valencia 45 14 9 0 5 399 179 11
4º. Andalucía C.D.U. Granada 40 14 9 0 5 282 263 4
5º. Andalucía C.R.A. Portuense 27 14 5 1 8 214 310 5
6º. Andalucía C.D.U. Málaga 23 14 4 0 10 234 327 7
7º. Andalucía C.D. Mairena 20 14 4 1 9 193 389 2
8º. Murcia C.U.R. Murcia 9 14 2 0 12 189 336 3

Fase de ascenso[editar | editar a fonte]

  Semifinais Final
               
 
 Andalucía C.R. Ciencias 25 48  
 Flag of the Basque Country.svg Hernani C.R.E. 23 11  
 
 
     Andalucía C.R. Ciencias 10
   Comunidade de Madrid C. Alcobendas R. 20
 
 Comunidade de Madrid C. Alcobendas R. 15 39
 Flag of the Valencian Community (2x3).svg C.R. Les Abelles 12 13  

O campión da categoría foi o Club Alcobendas Rugby, que acadou o ascenso á División de Honra co finalista Club de Rugby Ciencias.
Oviedo e Mairena acadaron a permanencia batendo nas eliminatorias de promoción a CRAT e Arquitectura respectivamente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]