Futbol Club Barcelona (atletismo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A sección de atletismo do FC Barcelona é a segunda sección deportiva máis antiga do club. Foi creada oficialmente en 1915, malia que no club xa existía a práctica deste deporte dende o ano 1900. Os atletas adestran na Ciutat Esportiva Joan Gamper e no Estadi Joan Serrahima. Non está considerada como unha sección profesional dentro do club, pero conta con atletas tan laureados como Ángel David Rodríguez, Jackson Quiñónez, Javier Bermejo, Manuel Olmedo, Jordi Sánchez, Sabina Asenjo ou Reyes Estévez.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Sección masculina[editar | editar a fonte]

As principais competicións de atletismo a nivel de clubs que disputa o FC Barcelona son a Liga de Clubs e a Copa do Rei. A Liga de Clubs ten unha División de Honra formada por 16 equipos, entre os cales está o FC Barcelona. Dispútanse ó longo dunha cifra variable de fins de semana, nos que cada equipo acada unha serie determinada de puntos dependendo dos resultados obtidos nas distintas probas. É unha competición a ceo aberto. Por contra, a Copa do Rei é unha competición dun só fin de semana que se disputa en pista cuberta.

1958, 1963, 1964, 1965, 1970, 1973, 1974, 1975, 1978, 1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986
1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1991, 1992, 2005, 2007, 2008, 2010, 2011

Tamén existen competicións a nivel rexional, como son os Campionatos de Catalunya, tanto a ceo aberto como en pista cuberta, nas que o club ten acadado 17 e 12 títulos respectivamente.

Os atletas tamén compiten cada ano no Campionato de España de Atletismo, pero de xeito individual, e malia que visten as cores do club, non existe ningún tipo de clasificación por equipos.

Sección feminina[editar | editar a fonte]

A sección feminina disputa tamén a Liga de Clubs e a Copa da Raíña, pero sen acadar ningún campionato.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]