División de Honra de Rugby 2021-2022
| Tipo | competición deportiva |
|---|---|
| Deporte | rugby a 15 |
| Organizador | Federación Española de Rugby |
| Número de participantes | 12 |
| Localización e Datas | |
| País | España |
| Período | tempada 2021-2022 |
| Número de edición | 55 |
| Competición | |
| Primeiro posto | UE Santboiana |
A tempada 2021-2022 da División de Honra da liga nacional de rugby foi a 55ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España.
O torneo contou con doce equipos participantes: tres casteláns, dous vascos, dous cataláns, dous madrileños, dous valencianos e un andaluz. O Club de Rugby La Vila e o Gernika Rugby Taldea ocuparon as prazas que deixaron o Getxo Rugby Taldea e o Independiente Rugby Club.
Formato
[editar | editar a fonte]O formato da competición foi modificado para reducir o número de xornadas de liga regular a 16. Posteriormente os oito primeiros equipos da táboa disputaron as eliminatorias polo título: cuartos de final, semifinais e final, todas elas a un encontro no campo do equipo mellor clasificado, do seguinte xeito:
- 1º vs 8º
- 2º vs 7º
- 3º vs 6º
- 4º vs 5º
Liga Regular
[editar | editar a fonte]Dende a tempada 2019-2020 o bonus ofensivo acádase gañando o encontro anotando tres ensaios ou máis que o equipo rival. Por outra banda os puntos bonus defensivos seguen acadándose cando se perde o encontro por unha diferenza de sete puntos ou inferior.
| Posición | Equipo | Puntos | X | G | E | P | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1º. | CUARTOS DE FINAL | El Salvador | 54 | 16 | 11 | 0 | 5 |
| 2º. | CUARTOS DE FINAL | Santboiana | 53 | 16 | 12 | 0 | 4 |
| 3º. | CUARTOS DE FINAL | Alcobendas | 50 | 16 | 10 | 0 | 6 |
| 4º. | CUARTOS DE FINAL | Ordizia | 49 | 16 | 10 | 1 | 5 |
| 5º. | CUARTOS DE FINAL | Ciencias | 48 | 16 | 10 | 1 | 5 |
| 6º. | CUARTOS DE FINAL | Cisneros | 35 | 16 | 8 | 0 | 8 |
| 7º. | CUARTOS DE FINAL | Barcelona | 35 | 16 | 7 | 0 | 9 |
| 8º. | CUARTOS DE FINAL | Aparejadores | 35 | 16 | 6 | 3 | 7 |
| 9º. | PERMANENCIA | VRAC | 34 | 16 | 7 | 1 | 8 |
| 10º. | PERMANENCIA | Les Abelles | 24 | 16 | 5 | 0 | 11 |
| 11º. | PROMOCIÓN | La Vila | 18 | 16 | 4 | 0 | 12 |
| 12º. | DESCENSO | Gernika | 18 | 16 | 3 | 0 | 13 |
Eliminatorias
[editar | editar a fonte]| Cuartos de final | Semifinal | Final | ||||||||
| 1. |
20 | |||||||||
| 8. |
14 | |||||||||
| 1. |
27 | |||||||||
| 4. |
30 | |||||||||
| 4. |
26 | |||||||||
| 5. |
20 | |||||||||
| 2. |
23 | |||||||||
| 4. |
17 | |||||||||
| 2. |
30 | |||||||||
| 7. |
23 | |||||||||
| 2. |
32 | |||||||||
| 6. |
26 | |||||||||
| 3. |
Desc | |||||||||
| 6. |
||||||||||
- Desc - O encontro de cuartos de final entre Alcobendas e Cisneros non se celebrou por mor da expulsión do Alcobendas da competición, debida á falsificación da documentación do seu xogador Gavin van den Berg. Deste xeito o Cisneros pasou directamente a semifinais.
A final da División de Honra tivo lugar no Estadi Baldiri Aleu (Sant Boi de Llobregat) o 5 de xuño de 2022 e nela enfrontáronse os equipos Unió Esportiva Santboiana e Ordizia Rugby Elkartea, que viñan de ser segundo e cuarto da liga regular e de eliminar en semifinais a Club de Rugby Cisneros e Club de Rugby El Salvador. O encontro rematou con vitoria para o equipo local, a Santboiana, que dese xeito acadou o seu 8º título de liga coincidindo coa celebración do seu 100º aniversario.