A tempada 1980-1981 da Liga Nacional de rugby foi a décimo cuarta edición da máxima categoría do rugby en España, e a terceira cun formato composto por 4 grupos. A liga contou con 30 equipos. O calendario da competición estivo formado por un número variable de xornadas dependendo do grupo. Na primeira fase enfrontáronse entre si dúas veces tódolos equipos de cada grupo, denominados "Levante", "Centro", "Sur" e "Norte". Na segunda fase enfrontáronse entre si os campións de cada grupo nunha liguiña denominada "Superliga" para determinar o campión do torneo, que finalmente foi o Club Deportivo Arquitectura de Madrid.
O Club Deportivo Arquitectura acadou o campionato nacional de liga, con 42 puntos no grupo Centro e 9 puntos na Superliga, totalizando 17 vitorias en 17 encontros. Foi o 4º título de liga para o club madrileño.