Independiente Rugby Club
| Nome | Independiente Rugby Club | ||
|---|---|---|---|
| Alcume(s) | Verdes, bisontes | ||
| Fundación | 1971 | ||
| Sede | Santander | ||
| Estadio(s) | Campo de San Román | ||
| Capacidade | 252 asentos espectadores | ||
| Presidente | Macario Fernández | ||
| Adestrador | Tristán Mozimán | ||
| Liga(s) | División de Honra | ||
| 2017-18 | 4º / Semifinais | ||
| |||
| Na rede | |||
| http://www.independienterugbyclub.eu/ | |||
O Independiente Rugby Club, é un equipo español de rugby da cidade de Santander. Trátase do único club cántabro que ten chegado a competir na División de Honra, en concreto durante as tempadas 1978-79, 1979-80, 2013-14, 2014-15, 2015-16, 2016-17 e 2017-18.
Historia
[editar | editar a fonte]O club fundouse no mes de outubro do ano 1971 por iniciativa da Federación Cántabra de Rugby que promoveu a creación de catro equipos entre diversas institucións universitarias. Despois de acadar dous títulos rexionais en 1972 e 1975 ascendeu á segunda división do rugby nacional. Tres anos despois acadaba o ascenso á División de Honra coincidindo co cambio de formato desta competición, que pasaba de contar con 10 equipos a contar con 32. O Independiente disputou dúas tempadas na máxima categoría do rugby español (1978-79 e 1979-80) para descender de novo. Durante moitos anos estivo competindo no 2º e no 3º nivel do rugby español.
A presenza de novo do equipo na máxima competición nacional fíxose agardar máis de 3 décadas. Foi na tempada 2012-13 cando o club acadou o ascenso despois de rematar primeiro na División de Honra B. Dende a tempada 2013-14 compite na máxima categoría do rugby español con bastante éxito, pois rematou no cuarto posto da clasificación os dous primeiros anos e no terceiro posto a seguinte tempada, e mesmo foi finalista na Copa do Rei en 2013-14, perdendo a final por 40-18 fronte ó VRAC.
A seguinte táboa amosa a traxectoria do primeiro equipo sénior masculino dende a súa creación nas competicións ligueiras:
| Categoría | 2018 | 17 | 16 | 15 | 14 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 | 74 | 73 | 72 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Div.Honra | 4º | 6º | 3º | 4º | 4º | 8º | 6º | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Div.HonraB | 1º | 4º | 9º | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 1ª Nacional | 1º | 2º | 6º | 5º | 4º | 2º | 6º | 1º | 2º | 1º | 2º | 1º | 3º | 4º | 6º | 5º | 12º | 9º | 7º | 9º | 7º | 1º | 1º | 6º | 5º | 6º | |||||||||||||||||||||
| Rexional | 1º | 1º |
A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. Fonte[Ligazón morta].
Tempada actual
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: División de Honra de Rugby 2018-2019.
| POSTO | EQUIPO | PUNTOS | XOG | GAÑ | EMP | PER | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1º. | SEMIFINAIS | 92 | 22 | 18 | 2 | 2 | |
| 2º. | SEMIFINAIS | 89 | 22 | 18 | 1 | 3 | |
| 3º. | CUARTOS FINAL | 78 | 22 | 16 | 1 | 5 | |
| 4º. | CUARTOS FINAL | 63 | 22 | 12 | 2 | 8 | |
| 5º. | CUARTOS FINAL | 59 | 22 | 11 | 0 | 11 | |
| 6º. | CUARTOS FINAL | 57 | 22 | 11 | 1 | 10 | |
| 7º. | PERMANENCIA | 57 | 22 | 10 | 1 | 11 | |
| 8º. | PERMANENCIA | 43 | 22 | 7 | 1 | 14 | |
| 9º. | PERMANENCIA | 41 | 22 | 7 | 0 | 15 | |
| 10º. | PERMANENCIA | 39 | 22 | 5 | 1 | 16 | |
| 11º. | PROMOCIÓN | 38 | 22 | 6 | 0 | 16 | |
| 12º. | DESCENSO | 36 | 22 | 5 | 2 | 15 |
Eliminatorias
[editar a fonte]| Cuartos de final | Semifinais | Final | ||||||||
| 5 de maio, Altamira (Ordizia) | 11 de maio, Pepe Rojo (Valladolid) | 25 de maio, Pepe Rojo (Valladolid) | ||||||||
| [1º] - |
39 | |||||||||
| [4º] - |
38 | |||||||||
| [4º] - |
26 | |||||||||
| [5º] - |
31 | |||||||||
| 12 de maio, Pepe Rojo (Valladolid) | [1º] - |
27 | ||||||||
| 5 de maio, Las Terrazas (Alcobendas) | ||||||||||
| [2º] - |
39 | |||||||||
| [3º] - |
34 | |||||||||
| [3º] - |
12 | |||||||||
| [6º] - |
20 | |||||||||
| [2º] - |
33 | |||||||||
Terreo de xogo
[editar | editar a fonte]
O Independiente xoga os seus encontros como local no Campo Municipal de San Román, un recinto deportivo construído en 2010 que conta cunha tribuna cuberta e un terreo de xogo de herba artificial.