Saltar ao contido

División de Honra B de Rugby 2007-2008

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaDivisión de Honra B de Rugby 2007-2008
TipoDivisión de Honra B de Rugby Editar o valor en Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Española de Rugby Editar o valor en Wikidata
Número de participantes16 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Períodotempada 2007-2008 Editar o valor en Wikidata
Número de edición10 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoClub de Rugby La Vila Editar o valor en Wikidata

2006 Editar o valor en Wikidata
2008 Editar o valor en Wikidata

A tempada 2007-2008 da División de Honra B foi a décima edición da segunda división da liga de rugby de España, categoría creada en 1998 pola Federación Española de Rugby.

Formato de competición

[editar | editar a fonte]

Nesta edición o número de participantes mantívose en dezaseis, e o formato de competición non tivo trocos. O torneo contou con dous grupos de oito equipos cada un. O "Grupo 1" estivo formado por oito equipos da metade norte de España e Madrid, mentres que o "Grupo 2" estivo formado por oito equipos da metade sur de España.

Cada grupo funcionou como unha competición independente cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o dereito a disputar unha fase de ascenso á División de Honra cos dous primeiros equipos do outro grupo. Por outra banda, o peor equipo de cada grupo perdeu a categoría de xeito directo, e o penúltimo tivo que disputar unha eliminatoria de promoción pola permanencia contra equipos da Primeira Nacional.

A liga regular contou con 14 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival do seu grupo, unha vez como local e outra como visitante, usando por vez primeira o novo sistema de puntuación: catro puntos por vitoria, dous por empate, e puntos "bonus" adicionais no caso de anotar catro ensaios ou máis e no caso de perder por sete puntos ou menos.

Fase de liga regular

[editar | editar a fonte]
Posto Equipo Puntos PX PG PE PP PF PC B
1º.Comunidade de Madrid C.R. Liceo Francés 6714130159317015
2º. Gernika R.T. 571412026301979
3º.Comunidade de Madrid C.R. Cisneros 471490547222911
4º. Hernani C.R.E. 41148154092787
5º. Durango R.T. 31145182853019
6º.Galicia Vigo R.C. 23145092633023
7º.Asturias Oviedo R.C. 121421111305732
8º.Cataluña R.C. Cornellá 1140113858170
Posto Equipo Puntos PX PG PE PP PF PC B
1º. C.R. Les Abelles 561411213971438
2º. C.R. La Vila 5014100443924610
3º.Andalucía C.R.A. Portuense 481410133452776
4º.Andalucía Helvetia Rugby 461490537527110
5º. C.A.U. Valencia 38148063412526
6º.Andalucía Jaén R.C. 26144193624388
7º.Andalucía C.D.U. Málaga 101420122274584
8º.Andalucía C.D.U. Granada 41400141645654

Fase de ascenso

[editar | editar a fonte]
  Semifinais Final
               
 
 Comunidade de Madrid C.R. Liceo Francés 21 26  
  C.R. La Vila 41 23  
 
 
      C.R. La Vila 23
    C.R. Les Abelles 22
 
  C.R. Les Abelles 3 12
  Gernika R.T. 3 6  

O campión da categoría foi o Club de Rugby La Vila, que acadou o ascenso á División de Honra co finalista Club de Rugby Les Abelles.
Málaga e Oviedo acadaron a permanencia batendo nas eliminatorias de promoción a Sant Cugat e L'Hospitalet respectivamente.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]