Club de Rugby Cisneros
| Nome | Club de Rugby Cisneros | ||
|---|---|---|---|
| Alcume(s) | O Colexio, Azul-Azul | ||
| Fundación | 1945 | ||
| Sede | Madrid, España | ||
| Estadio(s) | Central (Madrid) | ||
| Capacidade | 12.400 persoas espectadores | ||
| Presidente | Gonzalo Barbadillo | ||
| Adestrador | Valentin Telleriarte | ||
| Liga(s) | División de Honra | ||
| 2023-24 | 7º | ||
| |||
| Na rede | |||
| http://www.rugbycisneros.com | |||
O Club de Rugby Cisneros, tamén coñecido como Complutense Cisneros pola súa relación coa Universidade Complutense, é unha entidade deportiva de Madrid adicada ó rugby que compite na División de Honra. O equipo disputa os seus partidos como local no Estadio Nacional Complutense, popularmente chamado "O Central", que comparte co seu máximo rival, o CD Arquitectura, e coa selección española.
Historia
[editar | editar a fonte]O equipo foi fundado no ano 1945 por alumnos do Colexio Maior Ximénez de Cisneros de Madrid, a carón do cal fora inaugurada en 1943 a nova cidade deportiva universitaria. Durante décadas tódolos xogadores do equipo eran do Colexio Maior, ata que nos anos 80 comezaron a chegar xogadores doutros clubs e ata do estranxeiro.
O CR Cisneros está considerado como un dos clubs históricos do campionato nacional de liga, con 33 tempadas na máxima categoría, 2 títulos de liga nos anos 1976 e 1985, 2 subcampionatos nos anos 1975 e 1989, e 4 Copas do Rei nos anos 1967, 1969, 1979 e 1982.
O club pasou por dúas décadas de pobres resultados deportivos dende a segunda metade dos anos 90, pasando a maior parte das tempadas na segunda división do rugby nacional, até que en 2012 acadou de novo o ascenso á máxima categoría. Nos últimos dous anos disputou dúas semifinais de liga, unha final de copa e unha supercopa, e o Cisneros volve a estar na elite dos clubs de rugby de España.
Palmarés
[editar | editar a fonte]De seguido figura o palmarés oficial do primeiro equipo sénior masculino do club en competicións oficiais ó longo da súa historia:
- Liga Española de rugby: 2 títulos.
- Copa do Rei de rugby: 4 títulos.
- 1ª posición: 1966/67, 1968/69, 1978/79, 1981/82
- 2ª posición: 1976/77, 1986/87, 2014/15
- Copa Ibérica de rugby: 2 títulos.
- 1ª posición: 1967/68, 1985/86
- 2ª posición: 1969/70
- Supercopa de España de rugby: 0 títulos.
- 1ª posición: -
- 2ª posición: 2015/16
- Posicións do Club de Rugby Cisneros en competicións nacionais dende 1967, ano no que acada o seu primeiro título
| Categoría | 2016 | 15 | 14 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 | 74 | 73 | 72 | 71 | 70 | 69 | 68 | 67 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Div.Honra | 3 | 3 | 7 | 10 | 10 | 8 | 10 | 7 | 4 | 7 | 10 | 4 | 7 | 6 | 8 | 2 | 4 | 5 | 3 | 1 | 6 | x | x | x | x | 5 | 3 | 1 | 2 | 6 | 7 | 5 | ||||||||||||||||||
| Div.HonraB | 2 | 3 | 4 | 6 | 3 | 1 | 5 | 8 | 2 | 3 | 3 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 1ªNacional | 1 | 1 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Copa | 2 | 2 | 1 | 1 | 2 | 1 | 1 |
A División de Honra non se disputou entre 1954 e 1970. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A Primeira División Nacional existiu entre a tempada 1972-73 e a 2013-14. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 foi o 3º.
- Tempadas completadas na División de Honra
- Con 51 tempadas: UE Santboiana
- Con 37 tempadas: CR Cisneros
- Con 36 tempadas: CR El Salvador e CRC Pozuelo
- Con 34 tempadas: Getxo RT
- Con 32 tempadas: VRAC
- Con 29 tempadas: CD Arquitectura e CR Ciencias
- Con 23 tempadas: FC Barcelona
- Con 22 tempadas: RC Valencia
- Outros.
Tempada actual
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: División de Honra de Rugby 2018-2019.
| POSTO | EQUIPO | PUNTOS | XOG | GAÑ | EMP | PER | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1º. | SEMIFINAIS | 92 | 22 | 18 | 2 | 2 | |
| 2º. | SEMIFINAIS | 89 | 22 | 18 | 1 | 3 | |
| 3º. | CUARTOS FINAL | 78 | 22 | 16 | 1 | 5 | |
| 4º. | CUARTOS FINAL | 63 | 22 | 12 | 2 | 8 | |
| 5º. | CUARTOS FINAL | 59 | 22 | 11 | 0 | 11 | |
| 6º. | CUARTOS FINAL | 57 | 22 | 11 | 1 | 10 | |
| 7º. | PERMANENCIA | 57 | 22 | 10 | 1 | 11 | |
| 8º. | PERMANENCIA | 43 | 22 | 7 | 1 | 14 | |
| 9º. | PERMANENCIA | 41 | 22 | 7 | 0 | 15 | |
| 10º. | PERMANENCIA | 39 | 22 | 5 | 1 | 16 | |
| 11º. | PROMOCIÓN | 38 | 22 | 6 | 0 | 16 | |
| 12º. | DESCENSO | 36 | 22 | 5 | 2 | 15 |
Eliminatorias
[editar a fonte]| Cuartos de final | Semifinais | Final | ||||||||
| 5 de maio, Altamira (Ordizia) | 11 de maio, Pepe Rojo (Valladolid) | 25 de maio, Pepe Rojo (Valladolid) | ||||||||
| [1º] - |
39 | |||||||||
| [4º] - |
38 | |||||||||
| [4º] - |
26 | |||||||||
| [5º] - |
31 | |||||||||
| 12 de maio, Pepe Rojo (Valladolid) | [1º] - |
27 | ||||||||
| 5 de maio, Las Terrazas (Alcobendas) | ||||||||||
| [2º] - |
39 | |||||||||
| [3º] - |
34 | |||||||||
| [3º] - |
12 | |||||||||
| [6º] - |
20 | |||||||||
| [2º] - |
33 | |||||||||