Dereito mercantil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Dereito mercantil é aquela rama do Dereito Privado que regula o conxunto de normas relativas aos comerciantes no exercicio da súa profesión, aos actos de comercio legalmente cualificados como tales e ás relacións xurídicas derivadas da realización destes actos.[1]

Diferenciación co Dereito civil[editar | editar a fonte]

Para poder facer unha distinción entre Dereito civil e Dereito mercantil, pódese facer unha diferenciación relativa ás obrigacións e contratos. No Dereito español existen numerosas obrigacións e contratos que contan cunha dobre regulación civil e mercantil. Para diferencialas podemos atender a dous criterios:

  • Criterio subxectivo, segundo o cal será mercantil calquera obrigación ou contrato que conte coa simple presenza dun empresario.
  • Criterio obxectivo, segundo o cal un contrato será mercantil ou civil atendendo a súa natureza.

No Dereito español optouse polo segundo criterio.

O artigo 2 do Código de Comercio de 1885 limita a materia mercantil aos actos de comercio.[2] Porén, non se queda aquí e no se queda aquí e vai máis aló utilizando dous criterios suplementarios como o da inclusión e o da analoxía. O primeiro deles aparece no propio artigo 2 e di que será mercantil todo aquel contrato que estea incluído no Código de Comercio. O segundo criterio determina que aqueles contratos ou obrigacións que reúnan as características similares ás dun contrato regulado polo Código de Comercio, podería ser tamén considerado como mercantil.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Notarios y Registradores" (en castelán). Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "Código de Comercio" (en castelán). Consultado o 10 de marzo de 2016.