Hamadán
![]() |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Hamadán (همدان en persa) é unha cidade situada no oeste de Irán, aproximadamente a 400 km ao suroeste de Teherán.
É a capital da provincia de Hamadán. Está a 1 850 m dobre o nivel do mar, e a súa poboación era de 550.284 habitantes segundo o censo de 2005.
Historia[editar | editar a fonte]
Crese que Hamadán é unha das cidades máis antigas do mundo, e a de maior antigüidade de Irán.
Algúns historiadores apuntan ao III milenio a. C. como o momento da súa fundación e, de acordo coas crónicas asirias, data de polo menos o século XII a.C.
Durante a primeira metade do século VI a.C. foi a capital do rei Astiaxes de Media, segundo os historiadores gregos, até que Ciro II, rei dos persas, a conquistou no ano 549 a.C. (o sexto ano do reinado de Nabónido en Babilonia).
O seu antigo nome persa era Ecbatana (Hañgmatana en persa antigo, Agbatana segundo Esquilo, Agamatanu na Inscrición de Behistún, e escrito como Aga'mtanu por Nabónido).
Foi o lugar de nacemento de Shirin Ebadi, gañadora do Premio Nobel da Paz de 2003. Tamén é o lugar onde se encontra a sepultura de Avicena, que morreu nesta cidade.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hamadán ![]() |
|