Otorrinolaringoloxía
Aparencia
| Otorrinolaringoloxía | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Subclase de
| |
|
Practicado por
| |
|
Composto por
otologia (pt)
pediatric otolaryngology (en) neurotologia (pt) rhinolaryngology (en) rhinology (en) laryngology (en) medicina do sono | |
| Wikidata C:Commons |

A otorrinolaringoloxía (ORL) é a especialidade médica que se encarga da prevención, diagnóstico e tratamento, tanto médico coma cirúrxico, das doenzas do oído, o nariz, os seos paranasais, a farinxe, a larinxe e as estruturas próximas á cara e o colo.
Asemade, as intervencións cirúrxicas da cara e do pescozo poden ser levadas a cabo tanto por otorrinolaringólogos, coma por cirurxiáns maxilofaciais ou cirurxiáns plásticos.
O organismo de referencia en Galiza é a Sociedade Galega de Otorrinolaringoloxía.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo resulta da combinación de catro palabras gregas: οὖς ous (gen.: ὠτός otos), "oído", ῥίς rhis, "nariz", λάρυγξ larynx, "larinxe" e -λογία -logia, "estudo".[2]
Subespecialidades
[editar | editar a fonte]- Otoloxía
- Rinoloxía
- Laringoloxía
- Otorrinolaringoloxía pediátrica
- Audioloxía
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sociedade Galega de Otorrinolaringoloxía e Patoloxía Cervicofacial". Consultado o 2 de novembro de 2014.
- ↑ "otolaryngologist" entry in: Peter Harris, Sue Nagy, Nicholas Vardaxis, Mosby's Dictionary of Medicine, Nursing & Health Professions - Australian & New Zealand Edition, Elsevier Health Sciences, 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Otorrinolaringoloxía |
| Vexa a entrada do Galizionario acerca de Otorrinolaringoloxía |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- entnet.org American Academy of Otolaryngology-Head and Neck Surgery (en inglés)