Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha rede de dendritas das neuronas do hipocampo .
A neuroloxía [ 1] (do grego : νεῦρον (neûron) , "corda, nervio" e o sufixo -loxía, "estudo de") é unha póla da medicina que se ocupa do diagnóstico e tratamento de todas as categorías de afeccións e doenzas que afectan o cerebro, a medula espiñal e os nervios periféricos.[ 2] A práctica neurolóxica depende en gran medida do campo da neurociencia , o estudo científico do sistema nervioso .
Un neurólogo é un médico especializada en neuroloxía e formado para investigar, diagnosticar e tratar desordes neurolóxicos .[ 3] Os neurólogos tratan unha infinidade de condicións neurolóxicas, incluíndo accidentes cerebrovasculares, convulsións, trastornos do movemento como a síndrome de Parkinson , desordes neurolóxicos autoinmunes como a esclerose múltiple , trastornos de dor de cabeza como a migraña e demencias como a doenza de Alzhéimer .[ 4] Os neurólogos tamén poden participar en investigacións clínicas , ensaios clínicos e estudos de ciencia básica ou translacional . Aínda que a neuroloxía é unha especialidade non cirúrxica, a súa correspondente especialidade cirúrxica é a neurocirurxía .[ 3]
A disciplina académica comezou entre os séculos XV e XVI coa obra e a investigación de moitos neurólogos como Thomas Willis , Robert Whytt , Matthew Baillie , Charles Bell , Moritz Heinrich Romberg , Duchenne de Boulogne , William A. Hammond , Jean-Martin Charcot , C. Miller Fisher e John Hughlings Jackson . O termo neolatino neuroloxía apareceu en varios textos a partir de 1610 indicando un foco anatómico nos nervios (variablemente entendidos como vasos), e foi usado sobre todo por Willis, que prefería o grego νευρολογία.[ 5] [ 6]
↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para neuroloxía .
↑ ACGME (1 de xullo de 2016). "ACGME Program Requirements for Graduate Medical Education in Neurology" (PDF) . www.acgme.org . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2017. Consultado o 10 de xaneiro de 2017 .
↑ 3,0 3,1 "Working with Your Doctor" . American Academy of Neurology. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014. Consultado o 28 de outubro de 2012 .
↑ "Neurological Disorders" . Johns Hopkins Department of Neurology . 24 de febreiro de 2020. Consultado o 15 de setembro de 2021 .
↑ Janssen, Diederik F (2021-04-10). "The etymology of 'neurology', redux: early use of the term by Jean Riolan the Younger (1610)" . Brain (en inglés ) 144 (4): awab023. ISSN 0006-8950 . doi :10.1093/brain/awab023 .
↑ Mehta, Arpan R; Mehta, Puja R; Anderson, Stephen P; MacKinnon, Barbara L H; Compston, Alastair (2021-04-10). "Reply: The etymology of 'neurology', redux: early use of the term by Jean Riolan the Younger (1610)" . Brain (en inglés ) 144 (4): awab024. ISSN 0006-8950 . PMC 7610959 . doi :10.1093/brain/awab024 .
Especialidades médicas
Médicas Cirúrxicas Mixtas Multidisciplinares