Portomarín
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | Portomarín | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.345 (2023) (11,69 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 115,1 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Juan Serrano | ||||
Eleccións municipais en Portomarín | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27170 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27049 | ||||
Páxina web | concellodeportomarin.es |
Portomarín é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal (INE 2017) conta con 1.508 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é portomarinense.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Demografía
[editar | editar a fonte]Censo total 2017 | 1.508 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 81 (5.37 %) |
Entre 15 e 64 anos | 833 (55.24 %) |
Maiores de 65 anos | 594 (39.39 %) |
Historia
[editar | editar a fonte]Prehistoria
[editar | editar a fonte]Hai restos de poboados no concello de Portomarín, como medorras e castros, como o castro de Catromaior, o castro da Vires, o castro de Bedro, Castrolobrixe, castro de Vila ou o castro de Soengas.
Época romana
[editar | editar a fonte]A primeira ponte sobre o río Miño nesta zona foi construída polos romanos no século II. A vila xa aparece citada como Portumarini no ano 792. A orixe da vila parece estar ligada ó conde Gutierre e á condesa Ilduara (Aldara de Celanova), pais de San Rosendo, bispo de Mondoñedo e fundador do mosteiro de Celanova no século X. No Códice Calixtino aparece Portomarín denominado coma Pons Minea (ponte do Miño).
Na idade media foi camiño de paso dos peregrinos cara Santiago de Compostela, sendo unha das maiores vilas tralo paso do Cebreiro. Posiblemente tivo grande importancia neste período, ó contar con tres ordes de cabalaría. Na marxe esquerda estaban os Cabaleiros da Orde de Santiago, nada no mosteiro de Loio, e a Orde do Temple. Na marxe dereita estaba a Orde dos monxes-cabaleiros da Orde de San Xoán de Xerusalén. O carácter guerreiro destes monxes explica o aspecto de fortaleza da igrexa de san Nicolao.
En 1112 a ponte foi destruída por Dona Urraca, raíña de Castela, para frear o paso das tropas do seu marido, Afonso o Batallador. Porén, 8 anos máis tarde a propia raíña ordenou reconstruír a ponte a un tal Pedro o Peregrino.
Posteriormente o arcebispo Pedro Arias entregou o burgo de Portomarín á recentemente creada Orde de Santiago. Baixo o reinado de Afonso IX a vila pasou a depender da orde de San Xoán de Xerusalén.
En 1126 Pedro o Peregrino construíu un hospital, que contiña na súa fachada a inscrición Domus Dei. O Hospital, adicado á atención dos peregrinos, foi confiado á Orde de Santiago e logo á Encomenda de San Xoán, á que tamén correspondía o burgo de Portomarín e o coidado da ponte e do Camiño de Santiago. O Hospital foi derrubado en 1944.
A antiga vila estaba constituída por dous barrios, divididos polo río Miño. Na marxe esquerda o de San Pedro, e o de San Xoán na marxe dereita.
Idade Contemporánea
[editar | editar a fonte]O 8 de febreiro de 1946 a vila de Portomarín foi declarada Conxunto Histórico-Artístico. Ó construírse en 1962 o encoro de Belesar, a vila trasladouse ó veciño Monte do Cristo. Alí se reconstruíron algúns dos edificios máis importantes tanto civís como relixiosos.
O patrimonio monumental foi trasladado pedra a pedra ata a súa actual situación. Trasladáronse as igrexas de San Nicolao (as súas pedras foron numeradas e ensambladas de novo na súa actual localización), San Pedro e algúns pazos, como o do Conde da Maza do século XVI e o Pazo dos Pimentales ou de Berbeteros, do século XVII. Nas tempadas en que baixa o nivel do encoro aínda son visibles os restos das antigas edificacións, o peirao e a primitiva ponte.
A igrexa de San Xoán, hoxe denominada de San Nicolao, construída nos séculos XII e XIII, é un dos monumentos románicos máis senlleiros do Camiño de Santiago. A igrexa de San Pedro data do século X e forma parte dun conxunto integrado polo Pazo de Berbetoros e o Pazo do Marqués de Paredes.
Cultura
[editar | editar a fonte]Toponimia
[editar | editar a fonte]O nome do concello procede do latín portumarini, "porto ou paso fluvial de pouca profundidade"[Cómpre referencia].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Portomarín.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Portomarín
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Portomarín vexa: Lugares de Portomarín.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Portomarín |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Imaxes en directo da cámara web da CRTVG.
Localidade anterior: Vilachá, As Cortes, Paradela a 2 km → |
Camiño de Santiago (Camiño Francés) Portomarín (387 msnm) 90 km á Catedral de Santiago de Compostela |
Seguinte localidade: Toxibó, Gonzar, Portomarín → a 4,5 km |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |