Saltar ao contido

Fagus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fagus
Fagus
Carl von Linné 1753 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Caracterizado por
 Uso
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
Características
 Fonte de
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeFagales
 FamiliaFagaceae
 SubfamiliaFagoideae
 XéneroFagus Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Fagus Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/015_vx Editar o valor en Wikidata
MeSHD029964 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776500793 Editar o valor en Wikidata
ITIS19461 Editar o valor en Wikidata
OTT1028998 Editar o valor en Wikidata
CoL8VXN4 Editar o valor en Wikidata
EOL107351 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-4000014560 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Fagus é un xénero con dez especies de árbores caducifolias da familia das fagáceas nativas das zonas temperadas de Europa, Asia e América do Norte chamadas comunmente faias. As formacións de faias denomínanse faiais.[1]

En Galiza só atopamos unha especie, a faia europea, que soamente ocupa as serras orientais do país.

Descrición

[editar | editar a fonte]

As follas son enteiras ou escasamente dentadas, de 5 a 15 cm de longo e de 4 a 10 cm de ancho, magras. A flor, é miúda e dun só sexo, polinizada polo vento (véxase anemofilia). Florea na primavera, un chisco despois de apareceren as follas. O froito, a noz de faia, é miúdo (de 10 a 15 mm de longo), contendo en pares, en cascas, e comestíbel, aínda que agre se está cru, cun alto contido de tanino; torrado ten un sabor que lembra ao das abelás.

En Galiza só aparece unha especie, a faia europea (Fagus sylvatica), mais é escasa quizais porque ten aquí o seu límite sur de distribución, quizais porque se explotaron antano para a fabricación dos remos, temóns e taboleiros exteriores para o fondo dos navíos da Armada Española, ao ter unha madeira que non podrece. Non obstante, a partir do século XVIII a maioría das faias utilizadas eran de Navarra e Biscaia. Tamén a madeira de faia se utilizaba para fabricar os instrumentos de labor, carretas, toneis, cadeiras e caixas e, na actualidade, úsase en ebanistaría, carpintaría e fabricación de chans.[2]

Tamén se emprega en xardinaxe pola beleza do seu porte e mais da súa follaxe outoniza, atopando bos exemplares no Parque de Castrelos de Vigo.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]
Faias de toros tortos á beira dunha canle.
Faia europea.

O nome galego de faia provén do nome latino e xenérico fagus, que á súa vez provén do grego phagos, “comer”, aludindo froitos nutritivos.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 19 de febreiro de 2013.
  2. http://www.vexetaciondegalicia.es/ar-fagus-sylvatica.html[Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]