Chittagong
| চট্টগ্রাম (bn) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Bangladesh | ||||
| División | Chittagong | ||||
| Distrito | Chatigão (distrito) (pt) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 2.581.643 (2011) | ||||
| Lingua oficial | lingua bengalí | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 160,99 km² | ||||
| Altitude | 6 m | ||||
| Punto máis alto | Batali Hill (en) | ||||
| Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Rezaul Karim Chowdhury (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 4000 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 31 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | ccc.gov.bd | ||||
Chittagong (bengalí: চট্টগ্রাম, Chôṭṭôgramé) é unha cidade de Bangladesh, a segunda en importancia trala capital, Dacca, situada no sueste do país a ourelas do río Karnaphuli, preto da súa desembocadura no Golfo de Bengala fronte ao Delta do Ganxes. Centro comercial e industrial da rexión agrícola circundante, conforma unha metrópole que supera os catro millóns de habitantes.
Coñecido porto dende a antigüidade, formaba parte do reino birmano de Arakan (na costa occidental de Myanmar) ata a época colonial, na que portugueses primeiro (s.XVI) e a Compañía Británica das Indias Orientais (s.XVII) despois fixeron de Chittagong unha base portuaria de importancia na rexión.
O forte crecemento nas últimas décadas vai asociado a unha zona económica especial na perspectiva de constituires o futuro nodo de transportes das rexións interiores dos países veciños (nordeste da India, norte de Myanmar, suroeste da China).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chittagong |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
