Síncope (medicina)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha síncope, esvaemento ou desmaio é a perda da consciencia dende o punto de vista médico, normalmente por unha baixada repentina da tensión sanguínea. As súas causas poden ser tanto fisiolóxicas (por choque anafiláctico nunha alerxia, por exemplo) como somáticas (impresión forte ou trauma). A urxencia no seu tratamento non se debe orientar só á perda de coñecemento en si mesma (pois en realidade é un mecanismo de defensa corporal para diminuír as funcións vitais), senón tamén á causa que provocou o esvaemento.

Síncope vaso-vagal[editar | editar a fonte]

O sincope vaso-vagal prodúcese nalgúns individuos cando sofren un grande impacto emocional. Este impacto produce a activación de áreas encefálicas relacionadas coa conduta. Viuse grande actividade por exemplo da cortiza parietal. Tras a activación destas áreas (índa non está totalmente claro que áreas están ligadas ao síncope vasovagal), prodúcese unha gran descarga parasimpática. O parasimpático libera nas súas terminacións acetilcolina. As terminacións cardíacas causarán acusada bradicardia e hipotensión. Un nivel de presión arterial baixo ocasiona a diminución do fluxo sanguíneo cerebral. Isto provoca un desmaio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]