Illa Berkner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Berkner
Berkner Island SAT.png
Vista desde o satélite
Isla Berkner.JPG
Localización da illa
Situación
PaísAntártida Antártida
MarOcéano Antártico
Coordenadas78°19′S 46°20′O / -78.317, -46.333
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie43.873´1 km²
Longura máxima372 km.
Largura máxima145 km.
Punto máis alto869 m. Thyssenhöhe
Demografía
PoboaciónDeshabitada

A Illa Berkner ou Hubley é unha illa pertencente ao continente antártico; atópase completamente cuberta de xeo, posuíndo unha considerable elevación sobre o nivel do mar. Mide uns 320 km. de longo e 135 km. de ancho, cunha suferficie total de 43.873´1 km². É a segunda illa de maior tamaño na Antártida, logo da illa Alexandre I e antes que a Illa Thurston.

Atópase situada aos 79°30'S de latitude e 47°30'O de lonxitude, converténdoa na illa máis austral do mundo, o que incorrectamente se lle adoita adxudicar á Illa Ross. Con todo, a Illa Berkner - ademais da Illa Ross - non é accesible desde o mar, xa que se atopa completamente rodeada de xeo. O punto máis ao norte da illa está situado a uns 17 km do mar.

Elévase uns 869 m (975 m. segundo algunhas fontes), e separa a barreira de xeo Ronne da barreira Filchner. Caracterízase por dous montes, o Reinwarthhöhe ao norte de 698 m, aos 78°19'S de latitude e 46°20'O de lonxitude, e o monte Thyssenhöhe ao sur, duns 869 m aos 79°34'S de latitude e 45°42'O de lonxitude. A costa máis próxima á illa desde o continente antártico atópase a uns 150 km ao leste. 17 km da esquina norte da illa corresponden aos xeos de Hemmen.

A Illa Berkner foi descuberta por membros dun grupo expedicionario da estación Ellsworth de EEUU baixo o liderado do capitán Finn Ronne, durante a tempada de 1957-1958. Foi denominada Illa Berkner por un comité dos EEUU, en honra ao físico americano Lloyd Berkner, que foi enxeñeiro na expedición antártica Bird entre os anos 1928 e 1930. Desde 1990, a illa converteuse no punto de partida para un gran número de expedicións polares.

Na tempada de 1994-1995 o Alfred Wegener Institute e o Forschungsstelle für Physikalische Glaziologie da Universidade de Münster, cooperaron nun proxecto de perforación de xeo, nos montes ao norte e ao sur na illa Berkner.

A República Arxentina reclama a totalidade da illa e inclúea dentro do Departamento Antártida Arxentina que forma parte da provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur, para Chile, unha pequena porción do extremo sudoriental atópase dentro do Territorio Chileno Antártico e para o Reino Unido, toda a illa pertence ao Territorio Antártico Británico, pero estas reclamacións están suspendidas en virtude do Tratado Antártico.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]