Saltar ao contido

Luís Alonso Girgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuís Alonso Girgado
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Cargos
Secretario do CIRP
Datos persoais
Formación profesionalLicenciado en Filoloxía Románica
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónCatedrático de ensino medio
Familia
CónxuxeMaría Paz Padín Castro Editar o valor en Wikidata
FillosLaura, Luis e Lucía Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1087440 Bitraga: 2050 BUSC: alonso-girgado-luis-1946 Dialnet: 264965

Luís María Alonso Girgado, nado o 7 de agosto de 1946 en Ferrol,[1] é un editor, escritor, investigador e tradutor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, é catedrático de ensino medio de Lingua e Literatura Españolas.

Secretario e asesor literario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades,[2] coordinou as edicións facsímiles das revistas literarias Aturuxo, Alba, Posío, Gelmírez, Posío. Arte y Letras, La Noche. Suplemento del sábado, Resol, Cristal, Galiza, La Tierra Gallega, La Alborada e Cultura Gallega. Colaborou en El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Grial, Encrucillada, A Nosa Terra, Diario de Ferrol e Diario de Córdoba.

É mentor de críticos, profesores e investigadores coma Armando Requeixo, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Baldo Ramos ou María Cuquejo Enríquez.

En maio de 2019 pronunciou unha conferencia en Barcelona sobre Antón Fraguas, conmemorando a súa homenaxe no canto do Día das Letras Galegas.[3]

É pai da soprano Laura Alonso Padín.

Obra en galego

[editar | editar a fonte]

Edicións

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]

Traducións do castelán ao galego

[editar | editar a fonte]
  • Don Fachendas, de Roger Hargreaves, 1989, Alhambra.
  • Don Medricas, de Roger Hargreaves, 1989, Alhambra.
  • Don Pupas, de Roger Hargreaves, 1989, Alhambra.
  • Dona Fachendas, de Roger Hargreaves, 1989, Alhambra.
  • Dona Sorrisos, de Roger Hargreaves, 1989, Alhambra.
  • Dona Tardona, de Roger Hargreaves, 1989, Alhambra.
  • Dona Tímida, de Roger Hargreaves, 1989, Alhambra.
  • Os círculos do inferno, de Justo Jorge Padrón (xunto con Xurxo Sierra Veloso), 1996, Xunta de Galicia.

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]
  • "Crónica de una muerte anunciada": guía de lectura, 1993, Tambre.
  • "El Aleph" de Jorge Luis Borges. Guía de lectura, 2009, Follas Novas.
  • Soliloquio para un retorno, 2003, Follas Novas.

Traducións do galego ao castelán

[editar | editar a fonte]

Edicións

[editar | editar a fonte]
  • De San Pascual a San Gil, de Domingo Miras, 1988, Alhambra.
  • Antología de la poesía hispanoamericana del siglo XX, 1990, Alhambra.
  • Cuentos populares, 1993, Tambre.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Antología poética, de Aurora Vidal, Tonia Vázquez e Clementina Vidal (Grupo Tambó), 2000, Follas Novas. Coeditor.
  • Antología de aniversario (Librería Follas Novas, 1971-2001), 2001, Follas Novas. Coeditor.
  • "La voz a ti debida" de Pedro Salinas. Guía de lectura, 2009, Follas Novas. Coeditor.
  • Poemas de las horas marchitas, de Aurora Vidal, 2010, Follas Novas. Coeditor.
  • Nivaria (escrito en Canarias), de Aurora Vidal, 2011, Follas Novas. Coeditor.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Recibiu o Premio Manuel Lorenzo Barja no 2009.[5]

  1. Loureiro, Ramón (15-9-2019). "Luis Alonso Girgado: «Vivimos un tempo que deixou de amar os libros e que aplaude a vulgaridade»". La Voz de Galicia. Consultado o 28-11-2019. 
  2. "El crítico literario e investigador Luis Alonso Girgado participa en una tertulia en el Colegio Mayor". Colegio Mayor Club Universitario La Estila (en castelán). 15-4-2013. Consultado o 28-11-2019. 
  3. "La Fegalcat organiza en Barcelona un acto por el Día das Letras Galegas". Galicia Exterior (en castelán). 24-5-2019. Consultado o 28-11-2019. 
  4. Esta antoloxía inclúe os contos O lobo da xente de Vicente Risco, O inglés de Alfonso R. Castelao, A serea de Ramón Otero Pedrayo, A arrasadeira de Eduardo Blanco Amor, Sobre da morte de Bieito de Rafael Dieste, A caixa de morto de Ánxel Fole, O galo de Portugal de Álvaro Cunqueiro, Vilamor de Eduardo Moreiras, A pedra de Xosé M.ª Álvarez Blázquez, Hundezelle de Manuel Lueiro Rey, O viño dos sábados de Marcial Suárez, O muiñeiro de Xosé Neira Vilas, A volta de Camilo Gonsar, Tres homes de Gonzalo R. Mourullo, Grieih de Xosé Luís Méndez Ferrín, O xudeu Xacobe de Carlos Casares, A chegada da primeira bicicleta de Xavier Carro, O Famento de Alfredo Conde e Evaristo o do cine de Xavier Alcalá.
  5. "Luís Alonso Girgado recibe o galardón de "Toxos e Flores"". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]