Aturuxo (Ferrol)
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Aturuxo.
Aturuxo | |
---|---|
País | España |
Lingua | lingua galega |
Fundación | 1958 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Aturuxo foi unha revista literaria, fundamentalmente poética -aínda que tamén deu cabida á crítica literaria-, que se publicou en Ferrol entre 1958 e 1960.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Foi dirixida por Miguel C. Vidal e Tomás Barros que, xunto a Mario Couceiro, conseguiron levar a cabo esta empresa literaria nun Ferrol que daquela presentaba unha moi escasa actividade cultural. No contexto das revistas poéticas publicadas en Galiza entre 1940 e 1960 ocupa un posto de relevo. Nas súas páxinas aparecen setenta e sete escritores. Os seus colaboradores galegos eran de grande relevancia. Foi a primeira en dedicarlle un número monográfico de homenaxe a Luís Pimentel.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. II. Publicacións periódicas. Galaxia. pp. 59–60. ISBN 84-8288-137-X.
- "Atutuxo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.