Raza Celta
Raza Celta | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Montevideo |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Raza Celta foi un periódico editado en Montevideo entre 1934 e 1935.[1]
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Órgano del Comité Autonomista Gallego de Montevideo, apareceu o 29 de abril de 1934. Ata o número 4 foi quincenal, despois pasou a ser mensual e o número 12, o derradeiro, é bimensual. Estaba dirixido por Constantino Sánchez Mosquera e entre os seus colaboradores figurou Pedro Campos Couceiro. Declárase "periódico galleguista independiente" e no seu número 1 proclama o seu radical compromiso autonomista: "Somos autonomistas porque creemos que la autonomía es lo que más le conviene a Galicia". Está plenamente identificado co Partido Galeguista. Consecuente co ideario autonomista publica, en folletín, o texto do Estatuto de autonomía de Galicia co engadido de comentarios. Remata a súa publicación co número 12, en xaneiro-febreiro de 1935.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Alonso Girgado, L., ed. (2006). Arazua (Montevideo, 1929-1930) / Raza Celta (Montevideo, 1934-1935) (PDF). CIRP. ISBN 84-453-4225-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Raza Celta". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Pérez Pais, María del Carmen (2005). "Raza Celta". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. Publicacións Periódicas II. Galaxia. pp. 402–403. ISBN 84-8288-137-X.
- Zubillaga, Carlos (1996). A prensa galega de inmigración en Uruguai (PDF). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-08-3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de xaneiro de 2024. Consultado o 27 de xaneiro de 2024.